- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 17 Outubro 2009 17 Outubro 2009
Canto máis reciclemos, menos pagaremos

A producción de basuras é un dos maiores problemas das sociedades modernas, por elo dende que alá polo mes de marzo do 2008 o Concello de Camariñas se vío obrigado a incorporarse a SOGAMA cantidades inxentes do orzamento municipal tiveron que ser destinadas a pagar o tratamento do noso lixo nas plantas de Santa Comba e Cerceda. Porque ademáis o noso é un concello que produce altas cantidades de residuos sólidos e no que non se recicla prácticamente nada.
Por elo é especialmente importante que os veciños tomemos conciencia da importancia do problema e colaboremos reducindo e reciclando os nosos lixos. Para axudarnos a elo, en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, o Concello ven de poñer en marcha o Programa de Minimización de Residuos Camariñas 2009, que se extenderá polos meses de outubro e novembro e que tivo como acto de presentación o celebrado con gran asistencia de público na Casa de Pedra este venres 16 de outubro. Xa sabedes: para evitar posibles subas dos recibos de lixo, teremos que poñer da nosa parte reducindo residuos e reciclando. Aparte de ter un concello máis limpio, obviamente.
Información sobre o Programa
Programa de actividades previstas no marco do Programa de Minimización de Residuos Camariñas 2009
ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROGRAMA: 16 de outubro de 2009, ás 20:00h na Casa de Pedra
OBRADOIROS PARA OS VECIÑOS
26 de outubro: ás 17:30h en Camariñas, no CIE
ás 20:00h en Xaviña, no Teleclub
28 de outubro: ás 17:30h en Camelle, no Museo do Alemán
29 de outubro: ás 17:30h en Ponte do Porto, no colexio
OBRADOIROS PARA OS EMPRESARIOS
28 de outubro: ás 20:00h en Camariñas, na Casa de Pedra
29 de outubro: ás 20:00h en Ponte do Porto, no Centro Cultural
Poden cumprimentar a ficha de inscrición ás actividades no enlace seguinte Ficha de inscrición e enquisa
Entregaranse regalos promocionais aos asistentes ás actividades.










Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.