3.7971014492754 1 1 1 1 1 Rating 3.80 (69 Votes)

A época da recollida do millo

A imaxe da recollida do millo repetíase esta semana a todo o longo dos campos do Concello de Camariñas
A imaxe da recollida do millo repetíase esta semana a todo o longo dos campos do Concello de Camariñas

He aquí unha noticia que seguramente vai agradar e a encher dunha morriña especial a todos aqueles emigrantes das nosas terras alá en Centroeuropa, especialmente buriáns e xaviñáns, xentes afeitas ás duras labouras do campo. Trátase da recollida do millo. Agora que estamos chegados ao mes de outubro, ante a chegada dos primeiros fríos un silencioso pero incesante exército de persoas laboriosas empregábase a fondo ao longo desta semana nas leiras situadas nos diferentes lugares de Buría na recollida dun cereal aínda vital para moitas economías domésticas, especialmente nestes tempos de crisis onde a dependencia dos animais criados na propia casa faise maior. Algo que era especialmente visible dando un sinxelo paseo polos anchos campos buriáns, repítese en todas as parroquias do Concello, en maior ou menor medida, recollendo o fruto do sementado alá polo mes de xuño e perpetuando no tempo unha práctica que ten lugar nas nosas terras dende que no século XVI o millo fora introducido en Europa procedente de América.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.