- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Outubro 2009 13 Outubro 2009
Novos tempos para o Castelo do Soberano
Si o Rei Carlos III, monarca español entre 1759 e 1788 e durante cuio reinado dun centralismo tan absolutista que non se construía nen unha triste tubería sen a insustituible firma real e no cal procedeu á construcción do Castelo do Soberano, levantase a vista estaría orgulloso: porque alá onde só existía un xungla de toxos e varios metros de altura de escombro agora volve a reinar sobre a nosa ría as líneas estilizadas do esqueleto do Castelo do Soberano, amo e señor dos mares. Dende que uns meses atrás o usuario e colaborador de camarinas.eu Juan González Soto (Juan Camariñán) procedese a compra do castelo e do seu entorno unha das máis malogradas das xoias arqueolóxicas deste Concello volve a ser visible.
Nestas estábamos nun voltio de vagabundeo cando cando ata os delicados tímpanos da web líder da Costa Atlántica chegou o sonido chirriante dunha motoserra en acción deforestativa. Tratábase da máquina sueca, marca Husqvarna, propiedade de Totis, a cal tras un par de choupasos dun brebaje especial rinchaba como unha seda ("si fai este serrín, significa que é boa máquina"). Tratábase de dar o seu máis que merecido final a un pino xoven e furtivo que crecera no medio da pila de escombros que décadas de abandono e deixadez convertiron na máis voluminosa que un recorde e para o cal foi necesario sacar o correspondente permiso da Consellería de Medio Ambiente. Ao igual que ese desdichado pino, o escombro tamén terá (si as administracións o permiten) o seu máis que merecido final. Novos tempos para o Castelo do Soberano.
{phocagallery view=category|categoryid=359|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.