- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Outubro 2009 01 Outubro 2009
Unha calle adicada a Camariñas na Coruña

En pleno corazón do peculiar Barrio de Montealto atópase unha rúa adicada a Camariñas
Trataríase dun caso de aplicación do que en Dereito Internacional Público chámase "principio de reciprocidade": o Concello de Camariñas adícalle á Coruña toda unha avenida, pois a capital provincial adícanos a nos (máis pequenos, máis humildes) unha rúa. Situada en pleno Barrio de Montealto, unha pequena cidade en si mesma cunhas normas, códigos e identidade propios, a Calle Camariñas atópase cáseque a carón do museo da Domus e goza dunha lonxitude superior aos 200 metros. Non é moito pero será co que haia que conformarse mentras non se lles de por adicarnos unha ronda, unha gran vía, un boulevard ou un paseo que, á semellanza da célebre Perspectiva Nevski de San Petersburgo, cruze a cidade en canal dunha banda á outra e que realmente reflexe a contribución histórica de Camariñas á formación da civilización occidental. Pulsa na imaxe para ver unhas cantas imaxes que proban a presencia de Camariñas na cidade herculina.
Exemplos da presencia de Camariñas na Coruña
Trataríase dun caso de aplicación do que en Dereito Internacional Público chámase "principio de reciprocidade": o Concello de Camariñas adícalle á Coruña toda unha avenida, pois a capital provincial adícanos a nos (máis pequenos, máis humildes) unha rúa. Situada en pleno Barrio de Montealto, unha pequena cidade en si mesma cunhas normas, códigos e identidade propios, a Calle Camariñas atópase cáseque a carón do museo da Domus e goza dunha lonxitude superior aos 200 metros. Non é moito pero será co que haia que conformarse mentras non se lles de por adicarnos unha ronda, unha gran vía, un boulevard ou un paseo que, á semellanza da célebre Perspectiva Nevski de San Petersburgo, cruze a cidade en canal dunha banda á outra e que realmente reflexe a contribución histórica de Camariñas á formación da civilización occidental. He aquí unhas cantas imaxes que proban a presencia de Camariñas na cidade herculina.









Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.