3.9642857142857 1 1 1 1 1 Rating 3.96 (84 Votes)

¡¡Queremos un novo estadio en Buría xa!!

Camarinas.eu esixe que o histórico Campo do Cotro teña unhas instalacións á altura dos mellores estadios
Camarinas.eu esixe que o histórico Campo do Cotro teña unhas instalacións á altura dos mellores estadios

Ante a avalancha incontenible de novos clubs deportivos que se nos ven encima, retorna unha sección clásica de camarinas.eu, tal vez a máis acorde co carácter dos seus redactores: Noticias Destartaladas. Porque sumado á creación do recente Club de Balonmán Femenino, este verán  comenzou a circular polos bares do Concello en forma de boletos de lotería un insistente rumor, aquel que decía que para a temporada 2010-2011 estaríase masticando a creación dun novo club de fútbol nas nosas terras: o Xaviña F.C. Pois ben, de ser certa esta noticia, dados os xa existentes Camariñas e Porteño e o posible retorno do Camelle no seu mítico Campo do Rodeiro, para completar un galáctico quinquenio dorado futboleril dende camarinas.eu esiximos que a que fui a primeira parroquia deste concello tamén esté representada nos campeonatos federados nacionais e internacionais a través do seu propio equipo, o Football Club Buría (FCB), así como a remodelación urxente da súa futura sede: o máis antigo e histórico dos campos de fútbol do Concello de Camariñas, o Campo do Cotro, rebautizado como Buríastadium.


Vivimos días nos que clubs dos máis diversos deportes brotan no noso concello de forma frenética e implacable (para as arcas públicas, se entende): fútbol, balonmán, fálase do bádminton... Non se sabe moi ben que foi o que orixinou unha fiebre deportiva que de seguir a este ritmo en anos vindeiros promete reducir os famosos e prominentes buchos camariñáns a un coste cero. E nembargantes ninguén fala dun club de fútbol na máis histórica das nosas parroquias: Buría, unhas terras que cumplen a función que na Unión Soviética estaba reservada á República de Ucrania, a de constituir o auténtico graneiro do Concello de Camariñas, debido á riqueza e fertilidade do seu chan agrícola. Desta forma cada unha das nosas parroquias, incluindo as así chamadas históricas (Buría), terían o cadanseu club representando os gloriosos e sacrosantos colores do Concello polo mundo adiante. Despois, que sumando semellante aglomeración futboleril non se conseguira entre os cinco clubs un equipo medianamente decente, eso xa é aparte.  Así como o tema da viabilidade económica de cada un deles... Aquí o importante é que cada parroquia teña o seu correspondente equipo (ou dous, si contamos cos veteranos), e que cada club esixa urxentemente un novo e reluciente estadio de fútbol modernamente remodelado con cartos públicos, á semellanza do Campo "Hermanas Patiño" e quen sabe si nun futuro non moi lonxano do mítico pero destartalado Campo da Grixa de Ponte do Porto.

 
Porque ca creación do novo e flamante FCB, veríase o Concello ante a obriga de acometer unha obra ineludible e necesaria, unha desas inversións que por razóns de pura xustiza elemental non poden esperar un só día máis nun remoto caixón administrativo: a da remodelación e posta ao día do mais histórico e lexendario dos campos de football do noso concello, aquel donde todo camariñán de oitenta anos para abaixo algún día doulle unhas patadiñas a un esférico: o do Cotro, non moi lonxe do lugar material onde unha lápida conmemorativa honra a memoria de Antonio Rodríguez Canosa, o burián que despois de longos e tropicales anos de emigración no que entón eran as terras do Virreinato de Nueva España, e que posteriormente iniciarían a súa destartalada e impulsiva vida como país independiente baixo o nome de Estados Unidos (mexicanos), acometeu a construcción do sagrado templo de San Xurxo a finais do ilustrado século XVIII.
 
Un estadio que a día de hoxe esmorece no abandono debido á desidia das administracións públicas e que si sigue en pe é pola forza de vontade, altruismo e amor á terriña dos esforzados e laboriosos veciños de Buría que sempre confiaron na chegada do día no que un equipo propio defendera os seus colores no competitivo mundo da competición nacional e ¿quen sabe? internacional. Un equipo que, nunha hipotética e futurible xira helvética levantaría clamores ao seu paso. Un estadio, en definitiva,  que a diferencia de outros non necesitaría de céspedes artificiales, porque ¿acaso existe terra e subsuelo máis fértil e rico que o dos anchos campos de Buría?

Comentarios   

Jenny
+1 # Jenny 04/09/2009 19:52
Muy chulo o articulo Diego.. Non sei si saberas que todolos domingos muitos chavales de Buria e Camariñas xogan o futbol nese campo... Estaria ben que pasaras por ali un dia pa faser un reportaxe fotografico !!! Muitas gracias por estas imaxes do Cotro.. Jejejeje Saludos
Denunciar ante o administrador
xarito
+1 # CAMPO DE FUTBOL DO COTROxarito 04/09/2009 22:08
Este campo ten muita historia,é son muitas as xeracións que por ali pasaron e seguiran pasando. VIVA O COTRO.
Denunciar ante o administrador
eloy
+1 # NO ES MAL SITIOeloy 05/09/2009 14:19
No es mal sitio para la piscina climatizada, parece que hay sitio.
Denunciar ante o administrador
kecho
+1 # kecho 05/09/2009 15:56
larja vida o campo do cotro....
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.