- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Agosto 2009 26 Agosto 2009
Mister X: fan falta máis pasos de peatóns

Imaxe tomada por Mister X que ilustra a ausencia de pasos de peatóns na Avda da Coruña
Volve Mister X, o Superheroe enmascarado defensor do pueblo humilde e traballador. Nesta ocasión tráenos un puñado de fotografías que ilustran a ausencia de pasos de peatóns dende Cedeira ata o Paseo Marítimo: só existen 2, un diante da fábrica de Cerdeiras e outro no Cansorriño. Nos non sabemos de quen depende a competencia, si de Puertos de Galicia, si da Consellería de Obras Públicas ou do Concello. Nin nos importa. Ben sabedes que aquí non denunciamos para sacar tajada nin para armar jaleos. Como cidadáns con dereitos e como web líder da Costa Atlántica facémonos eco da denuncia do noso usuario secreto que cree necesarios polo menos un paso diante do Muiño do Vento, outro no Concello e finalmente un diante do Arnela (para nos éste ideal de la muerte....). Pulsa na foto para ler a nova denuncia de Mister X e ver as imaxes tomadas con serio risco da súa vida diante duns coches enloquecidos.
A nova denuncia de Mister X
Volve Mister X, o Superheroe enmascarado defensor do pueblo humilde e traballador. Nesta ocasión tráenos un puñado de fotografías que ilustran a ausencia de pasos de peatóns dende Cedeira ata o Paseo Marítimo: só existen 2, un diante da fábrica de Cerdeiras e outro no Cansorriño. Nos non sabemos de quen depende a competencia, si de Puertos de Galicia, si da Consellería de Obras Públicas ou do Concello. Nin nos importa. Ben sabedes que aquí non denunciamos para sacar tajada nin para armar jaleos. Como cidadáns con dereitos e como web líder da Costa Atlántica facémonos eco da denuncia do noso usuario secreto que cree necesarios polo menos un paso diante do Muiño do Vento, outro no Concello e finalmente un diante do Arnela (para nos éste ideal de la muerte....). Aquí tedes a denuncia e as imaxes tomadas por Mister X con serio risco da súa vida diante duns coches enloquecidos.
Si como din nesta web estamos a crear un concello turístico que atraia os visitantes temos que pensar en crear un concello de peatóns, no que saír a camiñar polo pobo non constituia un serio risco para as nosas vidas diante duns coches que pasan a velocidades intolerables. Tamén si queremos crear un concello cunhas condicións de vida sana e saudable nas que se anime aos veciños a camiñar, a facer deporte, a acostumarse a trasladarse polo casco urbán de Camariñas a pe e deixar de collelo coche para andar 10 metros pois temos que poñer todos os medios posibles para elo. Agora temos uns Paseos Marítimos que antes non existían, ao parecer outros aínda están por vir, pois ben, eu creo que na principal arteria viaria que temos, a máis longa e transitada son necesarios polo menos tres pasos de cebra máis: un diante da calle que leva ao Muiño do Vento, imprescindible para as persoas que transitan pola acera que vai da Casa do Médico ata Cedeira; un segundo diante da Casa do Concello para cruzar todos aqueles que visiten o concello así como os turistas que visitan o Museo do Encaixe e a Estatua da Palilleira; e o terceiro conectando o Café Bar Arnela cas escaleiras que levan á Casa de Pedra e ás Casas Baratas. Si as cousas continúan así calquer día teremos unha desgracia, por eso dende estas páxinas pido que aqueles que poden poñan mans á obra para facer do noso un concello máis transitable e cunha maior calidad de vida. Gracias.




Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.