4.0298507462687 1 1 1 1 1 Rating 4.03 (67 Votes)
Ao carón da milenaria Igrexa de Xaviña estanse executando as importantes obras no Lugar do Sixto
Ao carón da milenaria Igrexa de Xaviña estanse executando as importantes obras no Lugar do Sixto

Xaviña en obras

Pois agora que podemos considerar ao director da web dos 6.000.000 de visitas como xaviñán de adopción, camarinas.eu non podía deixar de lado as obras de Pavimentación e Saneamento no Lugar do Sixto en Xaviña. Obra comprendida dentro do famoso e polémico Plan E ideado polo Goberno para saír da crisis, orzamentada en 174.455,06 euros e adxudicada a Antonio Pereira Fernández, ten por obxecto a construcción dunha rede de saneamento, outra de pluviales e o derribo dalgún dos peches das leiras existentes para a ampliación dunha rúa que será pavimentada cun formigón impreso que fixo fortuna no noso concello. As obras avanzan a bo ritmo e así xa podedes ver unha amplia galería fotográfica das mesmas.

{multithumbs}

Comentarios   

ghallegho
0 # O Sixtoghallegho 17/08/2009 14:27
Agora aínda está anchiño. Tiñas que ver o Sixto antes de que puxéramos as máquinas a traballar.
Por certo, mui chula a foto do can!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.