- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Agosto 2009 06 Agosto 2009
O novo e impactante aspecto da Av. Eugenio López

Retornamos a unha das nosas obras preferidas: as da Avenida Eugenio López, porque á luz do novo e peculiar aspecto que luce unha das principais e máis transitadas vías de comunicación do noso concello, aquela que leva ao Colexio O Areal, á Guardería ou que conecta directamente co enorme distrito de Buría, haberá veciños que se sintan horrorizados e haberá outros que sintan punzadas de alegría ao ver un firme tan colorido. Non haberá indiferentes. Por outro lado, da heroica carretilla obrera que fixo posible o sufraxio electivo no colexio burián nin rastro.
Esta semana, os operarios déronlle ao pavimento de formigón impreso (que parece que fixo fortuna no noso concello) unha capa dun gasoil especial para evitar que a semellanza da Rúa San Miguel e do Medio o firme perda a súa capa de color orixinal. Polo tanto, á falta duns pequenos retoques a obra está prácticamente concluida. Será despois do verán cando se leve a cabo a pavimentación e canalización de augas na Rúa do Areal, co que as vias interiores do concello lucirán o mesmo aspecto dende o Paseo Marítimo ata Buría. E ao longo de todo este percorrido parece botarse en falta algunhas papeleras, sobre todo despois da misteriosa desaparición da nosa en tempos célebre papelera Taller. Triste destino o dos emblemas de camarinas.eu: a carretilla obrera, Taller...








Comentarios
A pena vai ser pra aqueles que demostraban neste tramo a potencia das súas máquinas de dúas e catro rodas.
E non digas que non, que por aqui a xente gustaballe ir na fura de diante.
reira
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.