- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Xullo 2009 04 Xullo 2009
Un gran barco para a flota de Camariñas

O Cupido, o novo gran barco que ven a engrosar a nómina lexendaria do cerco camariñán
Este sábado 4 de xullo de 2009 foi un día moi importante para a flota camariñana xa que un barco de gran envergadura ven a engrosar a nómina dun dos portos clave de Galicia. Trátase do Cupido, barco adquirido en Pontedeume polo fillo do noso querido usuario Delmiro de Lin, bautizado na web reina da Costa Atlántica como Gavilán, que arrivou sen problemas ao porto que será o seu fogar durante os vindeiros anos ao longo da noite deste sábado e que posiblemente terá a tripulación cunha media de idade máis xoven de toda a Costa da Morte.
Este sábado 4 de xullo de 2009 foi un día moi
importante para a flota camariñana xa que un barco de gran envergadura
ven a engrosar a nómina dun dos portos clave de Galicia. Trátase do
Cupido, barco adquirido en Pontedeume polo fillo do noso querido
usuario Delmiro de Lin, bautizado na web reina da Costa Atlántica como
Gavilán, que arrivou sen problemas ao porto que será o seu fogar
durante os vindeiros anos ao longo da noite deste sábado e que
posiblemente terá a tripulación cunha media de idade máis xoven de toda
a Costa da Morte.
O último gran barco de nova factura arrivado ao
porto camariñán foi hai xa algúns anos o "Muro de Fontán", propiedade
da familia Campaña Pensado, co que ao xuizo dos sabios expertos
náuticos cos que poidemos departir amigablemente nesta soleada mañán, o
Cupido comparte notables similitudes en canto a fisonomía aerodinámica
e prestacións. En todo caso, estamos ante unha excelente noticia para o
Porto de Camariñas, que ve remarcada a súa importancia dentro do
colectivo pesqueiro galego, que ve como se crean unha boa ducia de
novos postos de traballo, tan necesarios e vitais nestes incertos
tempos de paro salvaxe, que ve como se lle da unha gran oportunidade á xuventude da nosa vila para que demostre a súa valía,
e que aleda sobremaneira á redacción de camarinas.eu ao ver como dous
dos seus usuarios, pai e fillo, fan gala de semellante coraxe
empresarial.
Comentarios
Tanto a Gavilan como o seu fillo
espero que sala todo moi ben e moita suerte.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.