3.9433962264151 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (53 Votes)

Antonio Cacabelos presentanos o Karaoke de Camariñas

Antonio Cacabelos nunha fotomontaxe realizada por Diego Alonso Freire
Antonio Cacabelos nunha fotomontaxe realizada por Diego Alonso Freire

Hai xa unhas semanas que todos puidemos ver aquí en Camarinas.eu unha mensaxe no libro de visitas de un tal Antonio Cacabelos na cal pedía axuda para un traballo que estaba a realizar. Ese traballo era un karaoke ca canción das Cantigas de Camariñas e o que necesitaba eran fotos da nosa vila para realizar dito Karaoke. Mediante este chamamento Antonio puido contactar con un tal Juan que lle pasou vía internet algunhas fotos de Camariñas que lle serviron ao noso usuario e amigo Toño para levar a cabo o seu traballo que todos podedes ver en exclusiva pulsando na foto principal. Enhoraboa polo traballo Toño e esperamos que algunha orquesta poida meter este karaoke na nosa Festa do Carmen para que todo o mundo poida cantala eses días.

 Primeiro Mensaxe de Antonio Cacabelos

Hola amigos de Camariñas, espero teñades un par de minutos para leer este correo. Buscando unhas fotos de Camariñas atopei coa vosa web; o motivo de buscar as fotos é que, nos meus ratos libres gústame como “hobby” facer video-karaokes, sobre todo de cancións galegas e buscaba fotos de Camariñas para facer o video-karaoke da canción de Petapouco - Cantiga a Camariñas. Dinme de alta na vosa web e deixei unha mensaxe decindo que si alguen quería o video mo pedise o meu correo e recibín unhas cuantas peticións. O motivo deste correo é por si queredes, ou o tedes a ben, deixar un enlace na vosa páxina para todos aqueles que o desexen descargar poidan facelo si queren. O video está feito en formato .avi (DivX) polo que se pode reproducir en calquera ordenador e na maioría dos reproductores de DVD. Decir que esto é todo gratuito, non busco ningún protagonismo nin tampouco nada económico, o que queira descargalo que o descargue sin máis. Eu fago a música, fago o video e tamén a montaxe porque disfruto facendo esas cousas, teño feitos uns cuantos karaokes, todos eles de música galega (Los Tamara, Los Satelites, Castaña, A Roda, Carlos Nuñez. Fuxan os Ventos, e un largo etc), si en algún momento precisades algún podedes contar con el.

Só decir que lamentablemente as fotos que buscaba na vosa páxina non me foron útiles, non porque foran malas ou poucas, sinon polo tamaño xa que a hora de agrandalas para facer os videos perdían toda a calidade, alguén chamado Juan, supoño que de Camariñas tuvo a ben enviarme algunhas fotos de Camaraiñas e xuntándoas con algunhas que tiña eu dunhas "palilleiras" dou como resultado o video que vos ofrezco. Si queredes descargalo tan só tedes que pinchar o enlace que vos deixo máis abaixo ou escribir o enlace no voso navegador.

Segundo Mensaxe de Antonio Cacabelos

Hola Diego, a verdade é que quedo un pouco (e gratamente) sorprendido. Sinceramente non busco ningún tipo de protagonismo, estas cousas fágoas porque me gusta a música e si é en galego ainda máis. O día que me presentei na vosa páxina escribín que gardo moi gratos recordos de toda a zona de Camariñas de cando andaba tocando nas orquestas. Si algo queredes mencionar podedes poñer que fun compoñente da Orquesta Fantasía, eu sempre recalco que ..."da primeira Fantasía que houbo..." xa que logo viñeron outras que estropearon o nome de Fantasia. O meu nome é Antonio ainda que os amigos chámanme Toño; ahora estou desligado do que é a música das orquestas ainda que sigo facendo arreglos para alguns grupos e orquestas e as miñas horas libres as paso facendo cousas e videso como a que vos enviéi. Tamén de vez en cando axudo como técnico de son en empresas que se dedican o aluguer de equipos. Espero que teñades dabondo con esto que vos puxen, o que si podedes poñer e que si alguén desexa algún video-karaoke de algunha canción en galego non ten mas que pedila e na medida das miñas posibilidades será complacida, xa teño moitas feitas así que xa podedes ir buscando unha esquiniña por ahí para poñer os enlaces.
 
Un saudo para Camariñas e as suas xentes.

Terceiro mensaxe de Antonio Cacabelos

Hola de novo Diego, non sabes cantas veces levo lamentado o no haber gardado nada de esa época, tan só gardo un recorte moi vello do Correo Gallego dunha reportaxe que non fixeron cando saimos, mándocho pero xa che digo que parece máis ben unha reliquia.
Un saudo.

Video Karaoke das Cantigas de Camariñas por Antonio Cacabelos

Fotos de Antonio Cacabelos

Descarga o Video do Karaoke de Camariñas

Comentarios   

estudiante
+1 # Noraboa Antonioestudiante 03/07/2009 14:04
A verdade que me gustou moito o vídeo e tamén me alegro de que usaras as fotos que che enviei. Un saudo.
Denunciar ante o administrador
jose de marta
+1 # jose de marta 03/07/2009 22:38
Esta demasiado gustoume muito,muitas grasias toño por este gran traballo.
Denunciar ante o administrador
Praia do Bico
+1 # Praia do Bico 03/07/2009 23:42
Quero unirme ás felicitacións de Juan Esteban e José de Marta e darlle as gracias, de corazón, a este gran músico que é Toño, xa que non só fixo un arranxo excelente do tema, sobre o que da gusto cantar, senón que soubo artellalo de maravilla coas imaxes desta vila que non ten parangón no mundo, alomenos para nós, os camariñáns de toda a vida.
Quero lembrar, ademais, que as Cantigas de Camariñas cumpren 30 anos. Gravámolas nos estudos Sonoland, de Coslada, Madrid, en 1979 un grupo de galegos de Barcelona, os Petapouco, entre os que habia un camariñán que era eu. Por eso nunca dimos a cara, nunca actuamos. O disco apareceu no selo Xeira, da casa Movieplay, que dirixia un galego de Brens, bo amigo, chamado Juan Santabaya. O productor foi Gustavo Ramudo Campos, fillo de camariñana e o autor dos arranxos Miguel Angel Varona. Os tres firmamos a canción. Como dato curioso, a terceira letra, a da Virxiña do Monte, tiven que escribila no bar dos estudos a todo correr, pois eu tiña previsto dúas estrofas e os músicos gravaron acompañamento para tres. Pero non me custou nada lembrarme da Patrona, nin dos mariñeiros, nin da vila. Eso vai con nós.
Como é sabido, o disco alcanzou tal éxito que todas as orquestras galegas levan a canción de Camariñas no seu repertorio. Por eso mesmo, anos despois fixen un novo arranxo para a Orquestra Compostela, ó que lle engadin o de "O rei che quixo vender..." etc.
Como hai moitos lectores novos nesta paxina, que sigo a diario desde o primeiro dia, pensei que debia contar cómo naceron as Cantigas de Camariñas, baseadas nun aire popular que se cantaba mais rápido e con pandeireta. Non vaia pasar como coa canción do Serpent, titulada Costa da Morte, letra e música miña, da que xa oín que era unha canción de toda a vida e tal e cual. Menos mal que, como a gravou Ana Kiro, os discos levan na tapa o ano da edición.
O dito, Toño: noraboa e, como camariñán, moitas gracias. E que fagas moitos mais karaokes galegos.
Xosé-Luís Blanco Campaña.
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 04/07/2009 22:28
Eu vina onte no arnela pero como siempre hay un pouco de ruido volvina a escuitar hoxe, esta muy ben, e como me desia Diego o director de esta pagina, seria unha boa idea que a meteran nunha jran pantalla o dia da festa pola nuita e que todo mundo que ali estuvera se puxera a cantar o caraoque de miña virxiña do monte,jrasias toño por faser este recuerdo do noso camariñas.
Denunciar ante o administrador
trusky
+1 # Moitas Graciastrusky 07/07/2009 21:59
Quero agradecer os comentarios feitos sobre a Cantiga de Camariñas. Quedei gratamente sorprendico polo comentario de Xose Luis Blanco o cal coñezo ainda que él non se lembre de min, tuven o placer de actuar no programa que fixo alá polos comenzos da Televisión de Galicia. Non sabía que él fora o compositor das Cantigas (espero que non me cobre dereitos de autor). Comentarlle tamén que acompañéi durante un vran o grupo Castaña, os cales interpretaban cancións de Petapouco. Camariñáns, aquí me tedes para o que necesitedes, e como lle dixen a Diego, si queredes calquer karaoke en galego tan só tedes que pedilo ¿Aproveitando que un dos "Petapoucos" é camariñán qué tal outra de Petapouco?
Denunciar ante o administrador
ANTON
+1 # Que grande Camariñas.ANTON 14/01/2011 22:04
Bueno eu acabo de incorporame hoxe a esta familia Camariñan, e levei unha grande alegria o saber que algun menbro daquela famosa orquesta Fantasia anda por ahi.
Eu tiven o pracer de cantar os temas de Xose Luis Blanco co Grupo Castaña, y o que di Blanco da letra que tivo que facer na cafeteria dos Estudios Sonoland e certo eu estaba presente, ademais pra min foi unha epoca moi bonita levando eses temas tan marchosos e tan alegres no noso repertorio.
Toño no sei si te esquences de min pero si che digo que nos concertos algun tema o acompañaba ca pandereta daraste conta, ademais na segunda grabacion de Petapouco tes a miña foto na portada.
Gustariame saber que foi dos Petapouco Fernando e compañia, se sabes da sua direccion de correo seria bo, sei que andan por Barna.
Seguiremos en contacto.
Unha aperta.
Anton Cabaleiro
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.