- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 26 Xuño 2009 26 Xuño 2009
Un dos mellores restaurantes de España

Un dos patrocinadores de camarinas.eu foi obxecto dunha reportaxe dun dos diarios líderes da prensa nacional
Pois parece que aquí en camarinas.eu temos unha variña máxica que todo o que toca o convirte en ouro. Ou que o convirte en célebre. Tamén pode ser que simplemente teñamos bo gusto. Despois de éxitos como o do ascenso de Juanillo, as finais en certames poéticos estatais de Beldoña ou Toxo, as portadas de ámbito nacional da propia web en diarios líderes como La Voz de Galicia, etc... o caso é que estábamos na redacción este domingo 14 de xuño de 2009 realizando o noso clásico repaso semanal intensivo á prensa dominical española cando na revista dun dos cinco diarios máis leídos desta España dos nosos pecados, La Vanguardia de Barcelona, atopamos unha reseña adicada ao restaurante dos amores de camarinas.eu: o Hotel Rústico Puerto Arnela .
Un dos mellores restaurantes de España
O diario La Vanguardia, fundado na mui mediterránea cidade de Barcelona no ano do noso Señor 1881, pertencente á familia Godó, considerado ideolóxicamente de centro-dereita, especialmente próximo a Convergencia i Unió (CIU) e líder en ventas na Comunidade Autónoma de Cataluña adícalle no seu magacine dominical deste 14 de xuño de 2009 un especial a un dos mellores restaurantes da Costa da Morte e patrocinador de camarinas.eu dende os seus comenzos: o Hotel Rústico Puerto Arnela.
Nunha reseña escrita pola xornalista e gourmet Cristina Jolonch, reporteira gastronómica de La Vanguardia e autora de libros culinarios como "Guía secreta. ¿Dónde comen los grandes cocineros?", Premio Nacional de Gastronomía pola súa labor xornalística durante o ano 2008, o restaurante Puerto Arnela ocupa o espacio gastronómico semanal de La Vanguardia. Tendo prácticamente reservada unha páxina enteira nunha reportaxe en color, Cristina Jolonch dalle a palabra ao noso querido usuario e colaborador habitual de camarinas.eu Soto para nunhas poucas pinceladas explicar a orixe dun templo do bo comer que en poucos anos de existencia xa fixo historia culinaria. Recorda Soto os comenzos case por casualidade no Café Bar Arnela, a compra dunha antiga casa en ruinas que pouco despois foi convertida nun coqueto e moderno hotel rústico, a labor sacrificada e sabia nos fogóns da súa esposa Carmen, as imprescindibles irmáns da mesma, as Gelis, e como non da súa sogra Gelina.
Ademáis detense especialmente toda unha experta como Cristina Jolonch na salsa mariñeira das suculentas ameixas do Puerto Arnela, vendo recoñecida desta forma algún humilde e desestructurado redactor de camarinas.eu unha das súas apostas clásicas e arriesgadas frente á incomprensión e antigas críticas adversas, polo que se ve, algo destartaladas. Por todo o anterior, aproveitando esta gran homenaxe a un restaurante clave para facer de Camariñas un punto turístico de primeira magnitude e que sempre constituío un fogar para camarinas.eu, aproveitamos para pedirlle a Soto que se pasase por esta redacción para deixar constancia dalgunha das innumerables mensaxes de recoñecemento dos clientes que recibío o Libro de Visitas, o do Puerto Arnela, se entende, e así aparecen publicadas nesta noticia que non fai senón facerse eco da homenaxe que un dos cinco diarios máis importantes de España lle rendío a un restaurante camariñán, o Hotel Rústico Puerto Arnela, patrocinador, colaborador e fogar de camarinas.eu





Comentarios
VITO
ARNELA
Cual barco navega por el mar
Y el navegante se aleja de la tierra,
Sin dejar de pensar en ella,
Así le sucede a quien recala,
Por vez primera, en el Arnela.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.