- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 18 Xuño 2009 18 Xuño 2009
A era dos volcáns chegou ao seu fin

Un tanto allado televisor de marca Philips: O Último Mohicano que se resiste a abandoar a Xesteira
Os máis prestixiosos atlas xeográficos non falaban del. Non aparecía nos máis concienciudos e pormenorizados mapas xeolóxicos. Pero o caso é que durante todos estes anos os camariñáns recordamos ben a existencia dun volcán que durante as súas cíclicas e abundantes erupcións facía notar a súa tenebrosa existencia. As súas explosións piroplásticas viñan marcadas por un tenue fío de fume entre gris e negro e, sobre todo, por un olor denso, penetrante e nauseabundo que dende as alturas volcánicas do cráter da Xesteira comenzaba a expandirse lenta e pesadamente sobre a Vila de Camariñas. Pulsa na a imaxe para ler a noticia completa e ver unha galería fotográfica.
A era dos volcáns chegou ao seu fin
Os máis prestixiosos atlas xeográficos non falaban
del. Non aparecía nos máis concienciudos e pormenorizados mapas
xeolóxicos. Pero o caso é que durante todos estes anos os camariñáns
recordamos ben a existencia dun volcán que durante as súas cíclicas e
abundantes erupcións facía notar a súa tenebrosa existencia. As súas
explosións piroplásticas viñan marcadas por un tenue fío de fume entre
gris e negro e, sobre todo, por un olor denso, penetrante e nauseabundo
que dende as alturas volcánicas do cráter da Xesteira comenzaba a
expandirse lenta e pesadamente sobre a Vila de Camariñas.
Despois, chegaron os tempos en que a modernidade arrivou ata este
remoto rincón de España en forma de abundantes e burocráticas
subvencións europeas que decidiron financiar o sellado dun dos volcáns
máis peculiares e olvidados de Europa: o Vertedoiro da Xesteira, a
mítica Canteira onde primeiro a través dun rocoso e antediluviano
tractor de carrexamento semanal e despois xa mediante modernos e
tecnolóxicos camións de recollida de lixo todos os residuos sólidos e
orgánicos (así, en alegre comunión) da vila de Camariñas foron
depositados durante máis de 30 anos tras a xubilación do vertedoiro
das inmediacións do Castelo do Soberano. Agora, este vertedoiro e o da
Ponte do Porto son obxecto de sellado pola Xunta de Galicia. A era dos
volcáns chegou ao seu fin no Concello de Camariñas.







