- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Xuño 2009 13 Xuño 2009
O triste destino dunha carretilla obrera

Ben se sabe como son os políticos: antes das eleccións todo son promesas e palmadas no lombo, esplendorosos soños de futuro desfilan ante os nosos ollos. Despois, ben amarrado o sillón de mando (ou non), virá o frío contacto ca realidade, o olvido e o volver aos duros menesteres diarios. Dan igual os servicios prestados, que de forma abnegada e sacrificada se servira á Patria facendo posible en condicións dramáticas e cáseque desesperadas a consulta democrática no noble colexio electoral burián.
O caso é que este venres 12 de xuño camarinas.eu decidío comprobar o estado das obras da Avenida Eugenio López (¿quen sería Eugenio López? ¿un profesor, un médico, un abogado?) e alí, baixo un sol de xusticia, no medio dos escombros da rúa, afogada en polvo de cemento ata a mesmísima gorxa, desastrada e desaseada, atopamos a carretilla da empresa de construcción José Martínez Rial que este domingo 7 de xuño, héroe por un día, posibilitou o sufraxio electivo no Colexio O Areal. ¿Quén sabe si para o futuro, rescatada do anonimato e do olvido por camarinas.eu, aínda verá días de gloria carrexando a redactores da web ata casa despois dalgunha das súas habituales celebracións etílicas? En todo caso, sempre nos quedará o domingo das Eleccións Europeas, o día no que da man da carretilla obrera, a semellanza da canción de David Bowie, fumos héroes. Só por un día.