- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Xuño 2009 11 Xuño 2009
Nunha humilde casiña do Barrio de Corea, aquela que fai esquina na Praza da Insuela e que sinala a frontera que separa a este peculiar distrito camariñán do resto do mundo, vive dende hai longos anos unha muller humilde e traballadora. Das de antes, con numerosos fillos aos que alimentar, cun home embarcado durante interminables temporadas, nunhas épocas duras e incertas. Pluriempregada. O mar, a lonja, a Fábrica, vírona pasar ata que finalmente un día chegaría a desempeñar durante máis de 30 anos a labor pola que pasará á historia da Vila de Camariñas. Señoras e señores, estamos a falar de María de Marta, a gran comadrona histórica de Camariñas, que este xoves 11 de xuño cumpre 78 anos.
Os 78 anos da comadrona histórica de Camariñas
O 7 de xuño de 2008, fai exactamente un ano, camarinas.eu rendía a debida homenaxe a María de Valiña, un nome que tal vez non lles diga muito ás novas xeracións, pero que posiblemente fixo que a xeración por encima da actual xuventude camariñana viñera a este mundo pecador e maldito. "A gran comadrona de Camariñas durante tantos anos", ese era o titular da web líder da Costa Atlántica, auténtica memoria histórica da Vila das Palilleiras. A muller que recollío o legado de María de Valiña ata chegar a converterse na gran comadrona histórica de Camariñas proviña do Barrio de Corea e chamábase María de Marta.
Nacida no seno dunha familia de oito irmáns, cedo tivo que poñerse a traballar Señora María. Primeiro axudando ao seu pai nas labores do mar, sería precisamente na extinta e decrépita lonja de Camariñas onde se enamoraría con 18 anos do seu home Pedro Luaces Arén (coñecido como Pirucho ou Chiribí). Casada aos 20 anos, iniciábase entón unha vida en común de 56 primaveras e de nove fillos que virían a este mundo, dos que un deles, Pedro, acabaría casándose ca nosa usuaria Sefa. Posteriormente chegaría a traballar na Fábrica de Cerdeiras, ata que un día axudou por vez primeira a traer a un rapaciño camariñán ao mundo dos vivos. Iniciábase unha longa de vida de 30 anos como parteira na antiga Vila de Camariñas ata que un mundo moderno dotado das máis asépticas e tecnolóxicas máquinas e de preparados equipos médicos do máis alto nivel profesional sustituiron ás mans expertas e ao saber ancestral desta humilde muller camariñana.
Aínda tería tempo María de Marta de deixar a súa pegada como experta cociñeira de bodas e comunións que terían como principal campo de demostración o Baixo de Perrúa sito na rúa Pinzón durante unhas épocas que acarbacaron os finais dos setenta e toda a década dos oitenta e foi novamente a modernidade, en forma de modernos Palacios de Banquetes, bodas organizadas ata o máis mínimo detalle e clonadas en serie a partir dun mesmo molde, a que sepultou para sempre aquelas antolóxicas comelladas de bodas e rebodas que sábados e domingos facían impracticable o célebre viario camariñán da Rúa Pinzón.
Por todo o anterior, no día do seu 78 cumpreanos, camarinas.eu non podía deixar de rendir respetuosa e agradecidamente a debida homenaxe a unha muller humilde e traballadora, responsable de traer ao mundo prácticamente a meirande parte do Padrón de veciños camariñán (entre outros ao futuro director de camarinas.eu Diego Alonso Freire nos pisos do Mantido, na Rúa Vulcano) e persoaxe principal dunha etapa clave da historia da nosa vila, como foi aquela das bodas e comunións do Baixo de Perrúa, e así, Lucía Carril Ageitos, a principal reporteira xornalística da Costa da Morte, prantouse na mañá deste xoves 11 de xuño de 2009 na casa da súa amiga a Señora María de Marta cun bloc de notas para anotar todos os detalles da vida dunha muller exemplar, e cunha carpetiña ca que recoller as fotos que debuxan toda unha vida. A vida da gran comadrona histórica da moi antiga e noble Vila de Camariñas. Sra. María, ¡¡FELICIDADES!!


































Comentarios
WENO UN BIKO
FELLISIISISIIDA DESSSSS!!
Ainda que xa o fixen hoxe pola mañn pero de novo q cumplas Moitisimos mas e que eu os Vexa e como di MC_CITY Siempre cas tuas Historias que contar ee que ns gustan moito que sigas asi tan cntentiña siempre
Feliz Cumpleaños!...
NORABOA MARIA e reciba da miña parte a da miña familia un agarimoso saudo.
Antonio Puertas
De parte de toda familia Blanco
É UNHA ARTISTA,CHES.VA I BOA DE TRABALLAR TAMÉN,DE COMADRONA,COCIÑ EIRA NAS BODAS,FASENDO OS CALLOS EN CARNÉS,ETC,ETC.
E SIEMPRE CUNHA SONRISA NO SEU ROSTRO.
UN SALUDO E UN BICO.
VITO
Noraboa polo seu cumpleanos , ainda que sea un pouco tarde.
Fdo:LAura
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.