- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Xuño 2009 11 Xuño 2009
¿Igualdade para as Asociacións do noso concello?
Desde os inicios de camarinas.eu hai caseque 2 anos estivo claro no seu fondo ideolóxico o pensamento de formar un medio de comunicación forte e influinte co obxectivo e o deber de defender os intereses dos veciños do Concello de Camariñas e dos diversos colectivos sociais que conforman o mesmo. Así este martes tivemos a oportunidade de ver publicado polos nosos compañeiros do rotativo coruñés "La Voz de Galicia" unha nova pouco esperanzadora da situación na que se atoparán as asociacións camariñanas respecto ao novo equipo que hai uns meses rexenta o goberno da Xunta de Galicia.
O caso é que de todas as asociacións do noso concello que pediron subvencións á nova Consellería de Política Lingüistica para realizar as súas actividades deste ano tan só unha das sete recibío unha subvención. A afortunada asociación resultou ser o Club Balonmán Camariñas que recibirá un total de 2.155 euros. As demáis pois terán que conformarse con 0 euros. A asociación Virxe do Carme de Camariñas que pretendía realizar unha revista con toda a historia da nosa Festa do Carmen terá que suprimir este proxecto da Revista para próximos anos. Un paso atrás respecto a outros anos anteriores sen dúbidas. En fin, xa sabemos como funciona a política e pouco podemos facer as sinxelas e humildes xentes de Camariñas para facer frente a estas actuacións desproporcionadas. En todo caso camarinas.eu, sempre obxectiva e nunca ligada a ningún partido político estará pendente de tódolos movimentos desde altos organismos que poidan afectar a boa marcha das nosas asociacións. Pulsa na foto principal para ver máis datos das subvencions concedidas.
Comentarios
vexo q esta tamen a asociacion !rendas!
onte cando chejei a asociacion dime a presidenta ana lee esa carta...
miro q ven denegada tal suvencion,,
o mas bonito eh,de donde sacaron q rendas pidio esa suvencion?
para vender encaixe non creo q nos faja falta aprender galego... creo eu non?
eh si asi vai..nin galego nin ningun idioma ala un saludiño anyta de
Radio_Fantasia
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.