- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Mai 2009 27 Mai 2009
O País das Grandes Capturas

Oscar amosa a bordo da lancha as dúas rollizas lubinas resultado da súa pesca submarina
Un aguerrido remolcador surca as encrespadas olas do Mar de Alborán. Ou realiza oceánicas travesías a través do Atlántico ata as saharianas Illas Canarias. E a bordo do "Luz de Mar" unha tripulación composta maioritariamente por homes provintes das brumosas terras do norte, xente de Fisterra, Corcubión, Camariñas, sigue día a día as novedades da súa terriña a través dunha páxina web chamada camarinas.eu. Entre este grupo de morriñentos mariñeiros galegos atópase o noso querido amigo Óscar da Aldea, o cal antes de partir ás 5 da mañán deste mércores 27 de maio cos seus compañeiros cara terras andaluzas, visitou esta redacción para facernos chegar unhas espectaculares fotos de dúas lubinas xigantes capturadas baixo as augas de Reira, confirmando definitivamente a riqueza e fertilidade do mar camariñán.

A estas alturas vai haber que ir pensando en declarar as nosas costas como "O país das Grandes Capturas". A riqueza, abundancia e fertilidade dos productos do mar camariñán parecen non ter paragón dentro do litoral galego. Nesta ocasión foi o noso amigo Óscar da Aldea, o que durante tantos anos rexentou o Bar Lingunde, posiblemente o chiringuito máis antigo e peculiar da Costa da Morte, o que nos trouxo unhas fotos do resultado da pesca deportiva que este fin de semana levou cara ás praias de Reira ao equipo de pesca submarina que integra xunto a dous veciños do Barrio do Corea: Pedro de Marisa e Tito do London. Os dous últimos capturaron un importante número de pezas do máis variado pelaxe, nembargantes o premio gordo tocoulle a Óscar: dúas impresionantes lubinas de seis e sete kilos respectivamente.
Óscar actualmente está a gañarse a vida traballando no buque remolcador "Luz de Mar" o cal habitualmente desenrola as súas labores nos portos andaluces e canarios. Alí congregouse unha tripulación formada maioritariamente por traballadores provintes da Costa da Morte: Fisterra, Corcubión e Camariñas, os cales tal e como nos comentou Óscar seguen de forma entusiasta diariamente as andanzas informativas da web líder da terra da que proceden, como é o caso dun dos mariñeiros fisterráns que chegou ao punto de estar "totalmente enamorado" da nosa fermosa e espectacular beauty Adriana, cuio recordo acompaña a este esforzado home de mar nas oscuras e frías noites do inverno, ou o caso de Pi, procedente de Corcubión e ao que Óscar anima dende as nosas páxinas a visitar dunha vez a "Perla da Costa da Morte": Camariñas.
Sen dúbidas o recordo de Adriana, o das restantes beautys, o da beauty que está por chegar, o das nosas intrépidas redactoras ou o de todos e cada un dos que colaboramos a facer posible a supervivencia do xigante informativo da Costa Atlántica viaxaba alonxado na mente duns esforzados e humildes traballadores que cara ás 5 da mañán deste mércores 27 de maio partían dende Alvedro cara terras andaluzas, tan lonxe do seu fogar, pero tan cerca sen embargo gracias a webs como camarinas.eu.
{multithumbs}

.jpg)

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.