- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Mai 2009 23 Mai 2009
Ata agora creíamos que víramos de todo no Porto de Camariñas: calamares xigantes, pulpos enormes, merluzas de 13 kilos, lubinas de sete kilos e medio...cando soubemos este sábado que as embarcacións Manuel de Lin e Lago 2 no medio das súas redes subiron a bordo este venres 22 de maio un certo número dunhas estranas sardiñas provistas cunha especie de alas que enseguida foron designadas como "sardiñas voladoras", xa que non deixan de presentar as aerodinámicas formas dun avión de combate.
Carlos de Lin, patrón do Lago 2 recorda que unha vez haberá uns 18 anos faenando naquel entón na zona da Coruña xa foran avistadas estas estranas sardiñas que eran capaces de voar unha certa cantidade de metros por encima do mar e incluso unha foi capturada, momento que quedou inmortalizado nunha imaxe na que o seu irmán Felipe, todavía un cativo, posa ca sardiña con alas. Pois hoxe, 18 anos despois, estes estranos especímenes volveron a facer aparición na vida desta familia camariñana cunha tradición mariñeira tan antiga.
Comentarios
Eu creo que son sardiñas con "carreira".Carr eira de AVIADOR.
O próximo salto,veremolas manejando un avión de combate (ou de pasaxeiros )
Ver para creer...
Antonio
jajaja
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.