- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Mai 2009 22 Mai 2009
Acabáronse as inscripcións de Pepe ama a María. E de corazóns traspasados por unha frecha. Acabáronse os debuxos de ben dotados membros viriles cos seus correspondentes chorros de burbujeante espuma. Pero sobre todo acabáronse as rápidas e urxentes deposicións (maiores e menores) á sombra do Fariño roxibranco da Punta do Muelle Novo que tan embriagador e penetrante aroma traían consigo. Agora un peche metálico impide o paso ao mesmo, tal e como puidemos comprobar dando un paseo matutino este venres 22 de maio, Día de Santa Rita, Patrona dos funcionarios.
Non se trata tan só dunha verxa que pecha perimetralmente un ninguneado fariño. Non, as consecuencias van máis alá. Así por exemplo, queridos usuarios, cando calqueira das nosas beautys ou das nosas fermosas redactoras nos seus obrigados e imprescindibles paseíños diarios ata a Punta do Muelle Novo para manter as súas esculturais figuras lles entre un urxente e inaplazable apretón, a semellanza daqueles heróicos e desesperados berlineses orientales dos tempos da Guerra Fría, non lles quedará máis remedio que saltar o muro. As frías pedras do rompeolas serán o seu novo destino.


Comentarios
Bueno bn decir algo jeje!!
ESO XA AI mas de 2 meses e medio que ta cerrado que pena que ainda o visedes ai pouco ai que andar un poikiño mas asta punta do muelle novo oo !!!
Tamen decir que nn creo quie ningua muller que bai andar vaia facer nada!!ainda q lle pege apretón Algun!!
Pode que algun home si ...Algun nn todos pero mulleres asta lo dudo.-..
Saluds
En fin...a ajuantarse.
Jodidos O jodido!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.