- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Mai 2009 14 Mai 2009

Comenzan as obras da Avenida Eugenio López
Na tenebrosa mañán do mércores 13 de maio, baixo unha chuvia pertinaz e constante, con moito frío, os operarios de Construcciones José Martínez Rial comenzaron as obras de "Pavimentación da Avenida e Travesía Eugenio López", obra orzamentada inicialmente en 216.473,16 euros dentro do Fondo Estatal de Inversión Local que distribuío máis de 8.000 millóns de euros en obra pública ao longo de toda España e dos que lle tocaron a Camariñas 1.110.601 euros repartidos en sete obras a executar nos vindeiros meses no noso Concello.
Estas obras pretenden ser unha continuación das xa levadas a cabo nas rúas do Medio e San Miguel e das proxectadas na Rúa do Areal e que inclúen a renovación da rede de saneamento, a construcción dunha rede de pluviales, a renovación dos enganches da auga potable existentes e a pavimentación en formigón impreso do firme, a semellanza do executado ata o de agora nas mencionadas rúas camariñanas. Sempre ao pe do cañón informativo, o director de camarinas.eu desafiou aos elementos e como si dunha fiera (xornalística) se tratara plantouse nas obras o día de inicio dos traballos para ofrecervos unha galería fotográfica.





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.