- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Mai 2009 10 Mai 2009
A Gran Festa do Día da Victoria

O 9 de maio, Día da Victoria,os Héroes da URSS foron homenaxeados no Arnela cunha festa por todo o alto
Eran as 00:00 horas do 9 de maio de 1945 cando entrou en vigor a rendición incondicional do Tercer Reich alemán ante as potencias aliadas firmada polo Mariscal de Campo Wilhelm Keitel (que non tiña parentesco algún recoñecido co gran actor e que pouco máis de un ano despois acabaría pendurado dunha corda tralos xuizos de Nuremberg por crímenes contra a humanidade). Data que dende entón é festexada por todo o alto nos países que compoñían aquel xigante multinacional de pes de barro chamado Unión Soviética. Por eso, camarinas.eu dende o seu centro loxístico, o Café Bar Arnela, decidío unirse aos festexos que en toda Rusia celebran en tal data o Día da Victoria do Pueblo Soviético sobre a Alemania fascista cunha enchenta típica do bar paradigmático do Distrito de Korea.
A Gran Festa do Día da Victoria
Eran as 00:00 horas do 9 de maio de 1945 cando
entrou en vigor a rendición incondicional do Tercer Reich alemán ante
as potencias aliadas firmada polo Mariscal de Campo Wilhelm Keitel (que
non tiña parentesco algún recoñecido co gran actor e que pouco máis de
un ano despois acabaría pendurado dunha corda tralos xuizos de
Nuremberg por crímenes contra a humanidade). Data que dende entón é
festexada por todo o alto nos países que compoñían aquel xigante
multinacional de pes de barro chamado Unión Soviética. Por eso,
camarinas.eu dende o seu centro loxístico, o Café Bar Arnela, decidío
unirse aos festexos que en toda Rusia celebran en tal data o Día da
Victoria do Pueblo Soviético sobre a Alemania fascista cunha enchenta
típica do bar paradigmático do Distrito de Korea.
O menú elexido polo equipo gastronómico de camarinas.eu comandado como sempre pola redactora culinaria Maruja do Mantido incidía nunha delikatessen difícil de atopar por estes lares e de cocción complicada pero que ben adobada convírtese nun manxar suculento: o xabarín. Traído polo noso querido amigo o taxista Andrés da Linda, leyenda viaria das carreteras que unen Camariñas con Suiza, as especias con que Marisa (a musa de camarinas.eu), Barca de Marta, Maruja e Gelinita adobaron o cochino jabalí constituiron a mellor homenaxe que esta humilde web e os seus usuarios podían rendir aos 27 millóns de cidadáns soviéticos caídos na loita fatal contra o totalitarismo fascista alemán. Que eles estiveran ao servicio doutro totalitarismo igual ou peor co fascista, esa xa é outra historia que atañe ao maquiavélico mundo da política. Mundo do que debemos olvidarnos, sobre todo cando recordamos prácticamente con bágoas nos ollos ("so slezami na glazaj", que decía a célebre canción) o instante histórico no que dous dos nosos máis queridos amigos, as Dúas Españas, entraron pola porta collidos do brazo olvidando trifulcas e rencillas políticas derivadas da alta adscripción política de dous dos seus parentes máis achegados, reeditando desta forma un novo "Abrazo de Vergara" de carácter postmoderno neste caso.
Porque queridos usuarios, era unha noite para pasalo ben e por eso fixo a súa impactante aparición en escena a "arma secreta de camarinas.eu". Non queridos amigos, gracias a Deus o Noso Señor non se trataba daquela arma letal ca que Hitler amenazaba que doblegaría ao mundo nos últimos días da II Guerra Mundial senón da batería móvil da antiga charanga de Vimianzo adquirida para as festas do Café Bar Arnela polo noso querido amigo (aínda que parezca increíble) e veciño do distrito de Corea J.A. e da que dou boa conta musical o Tito Puente desta Franxa Atlántica, Tono da Riala, que acompañou ca maestría tamborística habitual en el as voces aterciopeladas e baroníticas de Juan do Penedo e de Manolo do Panadeiro, recuperando así con motivo do Día da Victoria, a armonía musical dos "Tres Tenores".
Falando estrictamente do ámbito gastronómico, o mencionado xabarín foi acompañado duns sabrosos chourizos asados, unhas suculentas tortillas, empanadas de zamburiñas e bonito, ameixas e facendo a súa exitosa estrea un queixo do país traído de recheo polos pais dun dos redactores e que acabou aloxado nos agradecidos bandullos dos asistentes na súa totalidade xa na súa noite de estreo. Ao parecer está chamado a convertirse nun dos manxares clásicos das Festas Gastronómicas de camarinas.eu. Bienvenido sea.


























Comentarios
Miña irman morria co sono e por eso marchomos jeje...
Sefa carai nn te perds unha no arnelaaa eee....Toda wapa pola cam....eche a foto q mas me gusta jejeje!!!
Jose de Marta tuvo que coller boa caldeirada,asi olvidou a spenas,jejejeje j
Mantida,eu non sei cando poderén ir a unha,pero de verdad,janas non me faltas.
Un saudo a todos
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.