- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Mai 2009 09 Mai 2009
A oitava maravilla do mundo

"Corrió la voz de que por el Paseo Marítimo se había visto pasear a un nuevo personaje: La dama del perrito." Ao deambular nas primeiras horas deste sábado 9 de maio, Día da Victoria, baixo as bucólicas luces do novo Paseo Marítimo de Camariñas, un redactor non puido deixar de evocar o encabezamento do máis célebre dos relatos cortos de Antón Pávlovich Chéjov, ambientado nunha das cidades máis turísticas da finisecular Rusia dos Zares: Yalta, na Península de Crimea (actual Ucrania) e que narraba os amores desgraciados dunha parexa de adúlteros.
Porque aos ollos dun humilde redactor, o Paseo Marítimo de Camariñas que na noite deste venres acendeu por vez primeira as súas luces trae reminiscencias de calqueira dos máis evocadores e concorridos paseos marítimos do mundo: Yalta, a Costa Azul, a Riviera Francesa, Alejandría... Ben decía xa esta semana a nosa usuaria Uxi que cas súas luces encendidas pola noite o novo Paseo iba a quedar de impresión. E en eso estábamos sobre as 21:00 horas deste venres no Arnela quentando motores para a exhuberante festa de conmemoración do Día da Victoria cando tódolos asiduos de tan emblemático bar camariñán empezamos a saír a borbotóns cara ao exterior para ver aquelas matizadas e fermosas luces que proviñan do Poso do Muelle. O aspecto nocturno de Camariñas tras esta obra é realmente espectacular e suporá que facer unha ronda de noite sexa un auténtico placer, sobre todo na época de verán. Despois, xa só nos quedará iniciar unha tórrida historia de amor a mans dunha misteriosa dama trala que corra un pequeno lulú blanco ao longo do Paseo Marítimo. En todo caso, ese final está todavía moi lonxe e o máis complicado e difícil non faría máis que empezar.
A oitava maravilla do mundo
"Corrió la voz de que por el Paseo Marítimo se había visto pasear a
un nuevo personaje: La dama del perrito." Ao deambular nas primeiras
horas deste sábado 9 de maio, Día da Victoria, baixo as bucólicas luces
do novo Paseo Marítimo de Camariñas, un redactor non puido deixar de
evocar o encabezamento do máis célebre dos relatos cortos de Antón
Pávlovich Chéjov, ambientado nunha das cidades máis turísticas da
finisecular Rusia dos Zares: Yalta, na Península de Crimea (actual
Ucrania) e que narraba os amores desgraciados dunha parexa de
adúlteros.
Comentarios
En la ausencia que me aflige,
Quiero expresar mi alegría,
Con la gratitud que exige
Cantar a la tierra mía.
Viendo como te visten
Las sirenas del lugar,
Con los destellos del agua,
Como princesa del mar.
Contemplando tu lozanía,
No puedo menos que gritar:
Que eres la diosa más bella
Que reina sobre su altar.
Antonio Puertas
FELISITAR O JOBERNO LOCAL POR ESTAS OBRAS,E DESIR QUE NUNCA JAMAS CHOBERA A JUSTO DE TODO MUNDO NIN CON ESTE JOBERNO NIN CON NINGUN.
VITO
Quedou divino!!!
Aber si queda asi de bonito siempre e non anden rompendo todo como occure casi siempre
Saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.