- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Mai 2009 05 Mai 2009
Houbo obras cun orzamento máis elevado. Realizáronse outras de importancia extratéxica máis vital para todo o Concello (as distintas EDAR), e sen embargo un ten a impresión que esta obra do Paseo Marítimo de Camariñas que os operarios das distintas subcontratas da empresa López Cao están a piques de rematar definitivamente calquera destes días é o investimento público máis importante acometida en Camariñas nestes últimos anos e por extensión unha das principais da historia do noso Concello. Porque, queridos usuarios, o que realmente significa esta impresionante obra é o lavado de cara definitivo de Camariñas. A obra que convertirá á Vila das Palilleiras nun destino turístico de primeira magnitude. Xa nada será igual.
Tratábase dunha fría sobremesa do mes de marzo de 2008 cando alí, xusto diante dos nosos ollos, en frente da recoleta Praza do Carme, aos redactores de Camarinas.eu lles tocou a lotería: nin máis nin menos que asistiron ao primer camión da Empresa López Cao que desembuchaba das súas entrañas a terra destinada ás obras da 2ª Fase do Paseo Marítimo de Camariñas. O pistoletazo de saída real. A obra máis ferventemente anhelada polo común dunha vila milenaria comenzaba de forma oficial e a web líder da Costa da Morte a través dun golpe de sorte estaba alí para inmortalizar tan histórico acontecemento (ver vídeo da noticia relacionada).
Despois viría unha completa cobertura informativa das evolucións dunhas obras impresionantes pola súa ambición e extensión: saneamento, abastecemento de auga, axardinamento, alumeado público e incluso unha ponte colgante que elevándose sobre o Poso do Muelle recordaba remotamente aos estanques imperiais de Kyoto... Como toda obra non deixa de ser un ser vivo en crecemento, tamén houbo modificados sucesivos redactados pola Dirección de Obra e aprobados polo órgano de contratación correspondente (a Xunta de Galicia) que cambiaron un pouco a fisonomía do proxecto orixinal, publicado no seu momento en rigurosa exclusiva por camarinas.eu. Porque esta obra que está a piques de rematar significou unha cobertura exhaustiva por parte dun medio de comunicación como nunca se fixo e nunca se fará no noso Concello (chegouse incluso a falar nun delirio de "seguemento diario"...). Por eso, as obras da 2ª Fase do Paseo Marítimo de Camariñas será a obra que por sempre leve na alma Camarinas.eu.
Comentarios
Una ultima cosa, CUANTO TARDARAN LOS IMBECILES EN PINTAR EL PASEO?.
Pero, para eso está DIEGO,y CAMARINAS.EU,pa ra dar testimonio con sus maravillosas fotos.
Antonio
ANTONIO PUERTAS DI CON TODA A RASON,QUE VAN MORRENDO OS RECORDOS DE COMO ERA O NOSO PUEBLO,MIRADE FAI POUCO TEMPO O QUE ERA A PLAIA DO CAMPO DE TODA VIDA E NO QUE SE COMBIRTIO..PERO BUENO O CAMBIO FUI EXPECTACULAR PA BEN,E COMO BEN DI PA ESO TEMOS AS FOTOS DE ARCHIBO EN NETCAM DIXITAL.
ELOY FAINOS DAR UN PASEO POLO PUEBLO...OU POLA MEMORIA,PARA VER O QUE ALJUN MAL NASIDO E CAPAS DE FASER CAS COUSAS NOVAS E BONITAS QUE COSTAN TANTOS CARTINHOS..E QUE SON NOSAS,DE TODOLOS CAMARINHANS,E DE CALQUERA QUE QUEIRA DISFRUTAR DELAS,CANTO MAIS LIMPIAS E EN MILLOR ESTADO ESTEN MAIS LUSEN..E MENOS BERJONSA DAN..PARA ESO O QUE TEMOS QUE FASER CALQUERA QUE OS VEXAMOS E DENUNSIALOS..SI N MEDO NIN PERXUISIOS..DA IJUAL DE QUEN SEAN FILLOS,MANHAN PODEN SER AS MINHAS OU MEUS..TAMEN DESIR QUE A JUARDIA SIVIL OU OS LOCALES TENHEN QUE DAR MAIS CANHA..LENHA OSTIA!!!!QUE FAI FALTA..SE NON NON PODE AVER NADA.
I EU TAMEN BON DAR UNHA OPINION PERO QUE ESCOITO SEMPRE,E TODO MUNDO OPINA IJUAL...NA PLASINHA DO CURBEIRO ESA PLACA QUE AI ALI CAS COLUNNAS O AIRE FAI TANTO TEMPO,E CO FOCO DE LIXO OU DE MERDA QUE TEN,QUEDA FATAL NO MEDIO DE UN PASEO TAN CHULO E MODERNO,ESTARIA BEN QUE AMPLIASEN A PLASA.SALUDOS.
VITO
si digo que me he quedado sin palabras es poco decir... pero si está quedando impresionante.. . es que me lo he imagino en cada noche, con esas lucecitas encendidas, marcando el camino y reflejadas en el mar y se me han puesto los pelos como escarpias!!!!!!
Que bonito nos vay a quedar o noso pueblo querio Camariñas
Saludos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.