- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Mai 2009 05 Mai 2009
Provindo os redactores de camarinas.eu de antigas familias mariñeiras de Camariñas, era obvio que todo o atinxira ao mar acabaría tendo o seu propio espacio na web máis vista da Costa da Morte. Nace así Noticias do Mar , a sección que recollerá todas aquelas noticias que se produzcan na nosa vila e que estén vencelladas ao mundo da pesca, do marisqueo ou da acuicultura. Como é o caso da Plataforma de engorde de ameixa que na mañán deste martes os técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar procederon a instalar en principio ata o 31/12/2011 no pantalán máis occidental do CNC ca colaboración imprescindible do persoal do mesmo. Pulsa na imaxe para ler unha noticia sobre o mundo do marisqueo que se aveciña.
Un experimento pioneiro para o sector marisqueiro
Na radiante mañán deste martes 5 de maio de 2009 técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR por encomenda da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia procedían a instalar no Porto de Camariñas, máis concretamente nos pantaláns do Club Náutico, unha Plataforma de Engorde de Ameixa, prototipo pioneiro elaborado pola empresa EXTUMAR, que servirá de banco de probas dunha experiencia innovadora que de triunfar preténdese exportar a todo o sector marisqueiro galego.
A citada plataforma que quedará instalada de forma fixa nos pantaláns en principio ata o 31 de decembro de 2011, se ben tense pensado que a súa permanencia no noso porto vaia máis alá da citada data, incorpora un sistema de elevación "air lift" e de "manexo a bordo" que simplificará as tarefas duns técnicos da Fundación que terán ao seu cargo a xestión da batea flotante dado que a nosa cofradía dende o ano 2006 non ten asinado convenio ca Consellería neste eido.
O ciclo de actuación será o seguinte: a semente de ameixa existente no criadero do Muelle Novo cando alcance o tamaño de 0,8 milímetros será trasladada ata a Plataforma, que fará as funcións de semilleiro ata que a ameixa chegue aos 11-12 mm, momento no que será depositada nos distintos areais para que desenrole o tamaño de 38-40 mm apto xa para o marisqueo. En fin, unha acción pioneira que se circunscribe dentro dos obxectivos de contribuir a mellorar as condicións para o desenrolo sostible dos recursos mariños e a eficiencia dos sectores da pesca e da acuicultura que presiden a actividade da Fundación CETMAR e da que foi elexida Camariñas como banco de probas. Unha experiencia que de triunfar cambiará para sempre o paisaxe do marisqueo na Comunidade Autónoma de Galicia e mecanizará unha actividade económica vital para a mesma.
































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.