4.7303370786517 1 1 1 1 1 Rating 4.73 (89 Votes)
O porteño José Martínez Ferrío, gran amigo e seguidor de camarinas.eu e chef experto
O porteño José Martínez Ferrío, gran amigo, seguidor de camarinas.eu e chef experto

Pois aquí están os resultados do Curso de Cociña para Homes organizado polo Concello en Aldea Madeira e ao que acudiron preto de 20 varóns provintes de todo Camariñas durante estes catro últimos meses: de reputado e experimentado conductor do camión do servizo municipal de recollida de lixo podeste convertir en experto chef. Así o comprobou este primer domingo de maio de 2009 o reporteiro licántropo de camarinas.eu Hombre Lobo en "Villa La Ponderosa", na parroquia muxiana de San Martiño de Ozón,  no asado ao espeto dun sabroso cabrito por parte de José Martínez Ferrío nunha noticia que constitúe outra mostra da sabiduría xornalística dos usuarios de camarinas.eu e a confirmación de que o persoal municipal estase a convertir nun viveiro inagotable de noticias, redactores e usuarios para a web reina da Costa da Morte.

He aquí os resultados do curso de cociña para homes

Existe, sobre todo en zonas rurais deste antigo país chamado España, unha estirpe de homes que se caracterizan por traballar de forma infatigable durante xornadas de traballo que en ocasións estíranse como chicles pero que como recompensa no momento de disfrute do seu escaso tempo libre, serán os primeiros en armar festas antolóxicas que demostran que estamos ante expertos amantes da boa vida. O protagonista desta nova noticia elaborada polo noso usuario Hombre Lobo, José Martínez Ferrío, é un deses traballadores bipolares: curtido nas frías e solitarias horas da madrugada cando seis días á semana toca recoller todos os contenedores de lixo dun Concello de máis de 6.000 almas para despois transportar o resultado ata a lonxana planta incineradora que SOGAMA posúe en Santa Comba, ao mesmo foi quen de organizar este domingo 3 de maio de 2009 unha festa masiva que demostrou sobradamente que pertence a esta clase de homes quen sabe si en extinción, pero que aínda é posible atopar en zonas rurais desta desgraciada patria nosa.
Forma dende hai longo tempo Martínez Ferrío parte da lexión de seguidores que camarinas.eu posúe na Ponte do Porto, vila na que é pouco menos que unha institución, o ex-Presidente que retornou o Porteño á Segunda División Autonómica. Por eso coñecedores como éramos de que formaba parte dese grupo de santos varóns que dende o mes de febreiro viñan desenvolvéndose nas difíciles artes culinarias no curso organizado polo Concello en Aldea Madeira, camarinas.eu non quixo perderse a degustación dos moi abundantes e suculentos manxares que Ferrío e un puñado de amantes da boa vida, maioritariamente porteños (José Martínez Rial, o Rebico, Robusto, César o Ferreiro da Ponte, o ex-concelleiro Salvador, etc), prepararon co cuidado e maestría dos máis expertos chefs na finca que o home que traballa mentras o resto do mundo durme posúe en San Martiño de Ozón, camiño de Muxía e ao lado do concesionario da CITROEN propiedade do seu irmán. Villa La Ponderosa, que polo seu nome recorda antigas series televisivas do oeste, constitúe un lugar de ensono, dunha extensión de 12 ferrados, na que hai prantados máis de 160 castiñeiros e onde a sabiduría manual de Ferrío o levou a facer unha cabaña a partir de un container ou sobre a base de catro ferros soldados por el mesmo armar o asador onde quedou ensartado o desdichado cabrito. A este cuadrúpedo sumáronselle sobradas viandas, entre elas uns pimentiños de Padrón, un pulpo donado pola filla do noso querido amigo e usuario Luis do Pulpo, dúas caixas de viño que pronto quedaron fulminadas e que proviñan dunha bodega baixo terra excavada na finca e especialmente acondicionada para manter a temperatura dos caldos, etc...
Un auténtico banquete ao que sacrificándose pola web da súa alma, se vío forzado a acudir o noso  reporteiro  de longas distancias Alvito Diéguez Jr. e no que puido comprobar in situ os resultados do Curso de Cociña para Homes organizado polo Concello de Camariñas e ao que algún avispado redactor (non é descartable que posuidor de certo retraso mental) solteiro, sin compromiso recoñecido, de vida solitaria, de dotes culinarias máis que limitadas e por razóns de traballo coñecedor con sobrada anticipación de que se aveciñaba o citado curso, non se lle ocurrío outra idea que a de non tomar en consideración esta alternativa ata o mesmo día no que se cerraba o plazo de solicitudes, co cupo cuberto e cando xa había outros dez varóns en lista de espera. En fin, a mente humana nunca deixará de sorprendernos...

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 05/05/2009 11:30
ESO ESTA BONITO QUE OS HOMES APRENDA ACOSIÑAR APINTA DO ASADO ESTACHE MUY BEN ESE SI SON ASADOS

HOMBRE LOBO FAS MAJAS NO CHIÑO QUE BEN OPASAS JUAS ,,SEFA,,E,,OS,, PEDROS,,
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 05/05/2009 19:03
Cada ves que iba pasando fotos,experimen taba sensasións distintas:A primeira...curi osidá.Lojo...fa me e sede.A continuasión... janas de saír correndo nó "tratorico" pa incorporarme a festa.E,por último,périda de medo nin a cans ni a "homes lobo"...
Así da justo e envidia.
Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # MARTINEZ APROBADO!!!!!!! .......hombre lobo 05/05/2009 20:18
...CON MATRICULA DE ONOR,QUEDOUME PATENTE QUE CHE JUSTA A COSINHA E QUE SE CHE DA BEN,E TAMEN QUE TI E OS TEUS AMIJOS SABEDES PASALO COMO DIOS MANDA,COMEMOS,B EVEMOS,E TAMEN FALAMOS E NOS RIMOS UN POUCO,E ADEMAIS ERES UN MANITAS TODO O QUE AI NA FINCA O FIXECHES TI NO TEU TEMPO LIBRE..A ESO CHAMO EU CALIDAD DE VIDA..,A PONDEROSA,PARA RESPIRAR AIRE PURO,PASAR UNHA COMILONA CON FAMILIA OU AMIJOS,CON PISCINA,CHANCHA DE BALONCESTO...JA JAJAJAJ...E ASTA SIRCUITO DE CARTING..EN DEFINIVA DE MARAVILLA I EU MOI AJRADESIDO DA TUA OSPITALIDAD...E DESPOIS DI O RRUSO QUE FUN SACRIFICANDOME POLA WEB,E FORZADO...JAJAJ AJ..
JRASIAS "PEQUENO"!!!!
VITO
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # APRENDER....... ...!JABA 05/05/2009 21:47
Ta ben,ke os homes aprendan a kosiñar,frejar, ordenar,fasela kolada,planchar e un larjo etc....je!¡seju ro ke muitos dos ke estan hai nono fan.....je!!!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.