- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 31 Marzo 2009 31 Marzo 2009
Rastrexando como jabatos o mundo cibernético en busca de noticias que poder arroxar aos nosos innumerables lectores, hoxe na web da axencia europapress atopamos unha noticia que reincide na importancia do porto de Camariñas como un dos principais da Costa galega. Así, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que preside en funcións Carmen Gallego, nunha das súas últimas decisións decidío costear o cultivo da ameixa no noso porto a través da instalación dunha plataforma flotante na que se atenderá a fase de preengorde da semente para logo rexenerar as zonas de producción do molusco.
O Porto de Camariñas ve recoñecida a súa importancia pola conselleira socialista Carmen Gallego
A plataforma consistirá nunha batea construida en aceiro, con flotadores de polietileno e de carácter modular, o que permite que se adapte sen maiores contratempos ás zonas de cultivo. Ademáis, para facilitar o traballo sobre a mesma, coñecida a bravura do noso mar aínda que sexa dentro da ría, dispuxéronse varios corredores de rexa sintética e anti resbalante. A todo esto debe engadirse dous módulos para elevar uns 500 kg de peso cada un. Ademáis, Carmen Gallego sinalou que os portos de Camariñas e O Vicedo (Lugo) son escenario dunha labor de investigación pioneira ca que se busca establecer métodos "que permitan obter unha producción estable de semente nos periodos de posta natural das especies". En fin, a pesca e o marisqueo poden volver a ser o recurso que quite a muitas familias camariñanas e retornados da emigración da grave crise que estamos a vivir en toda España. Eso si, sempre e cando se rectifiquen algunhas irregularidades por todos nos coñecidas nas concesións dos agora tan preciados carnets de mariscador.

Comentarios
irrejularidades cometenas todos, non din que rectificar e de sabios, pos eso...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.