4.6904761904762 1 1 1 1 1 Rating 4.69 (84 Votes)
O Camariñas mítico de finais dos setenta en viaxe de peregrinación ata a Capela da Virxe do Monte
O Camariñas mítico de finais dos setenta en viaxe de peregrinación ata a Capela da Virxe do Monte

Unha miscelánea global do fútbol en Camariñas

Agora que está a piques de rematar sin pena nin gloria outra temporada máis para os equipos que compoñen o fútbol camariñán, aquí en camarinas.eu queremos extraer dos nosos arquivos infinitos e invaluables unha pequena galería fotográfica que amose o que significa dende hai longo tempo o así chamado deporte rey para as xentes que compoñen ese universo colectivo chamado Concello de Camariñas, ben sea falando do Porteño campeón da Costa, do Camariñas F.C. mítico de finais dos 70, do Camelle de principios dos 80 ou daqueles torneos de futbito que se xogaban os domingos pola mañán na depauperada e terrorífica pista de gravilla do antigo polideportivo municipal. Viaxa no tempo da man das leyendas vivas do balompié municipal.

Vivimos épocas nas que o balompié televisado, aquel das grandes ligas, das plantillas galácticas e dos orzamentos estratosféricos acabou por acaparalo todo. Pero non hai tanto, corrían outros tempos nos que un fútbol aficionado, de proximidade, tamén tiña reservado o seu espacio. Era un fútbol de sangue, sudor e lágrimas a través de campos inmundos e aficcións medievais, onde non se sabía si o perigo viña dun bravo e megalítico central pataqueiro ou dunha pedrada ou un paraguazo caído dende unhas gradas anónimas. Pero tamén era un fútbol de ilusión: a que xeneraba que ante un partido que o gran Camariñas F.C. de finais dos setenta formado a base de producto íntegramente local tivera que xogar na septentrional Mariña luguesa, se movilizaran tres autobuses copados ata a bandeira de xiareiros locais ademáis do correspondente acompañamento de coches privados. E alí sempre estuveron facendo historia grandes amigos desta redacción: Manolo Panadeiro, auténtico comodín que igual raiaba a gran altura como defensa, dianteiro ou porteiro; Luis O Cotiño; Juan do Penedo; posteriormente o seu fillo Juanillo, etc.

Xa antes, o Porteño gañaba heroicamente na primavera de 1970 a Copa da Costa contra o Carnota, feito que na capital municipal non se vería ata mediados dos 90, cando o Camariñas dos Juanillo, Tono, Guillermo, Ramón do Meu Lar, Jose de Marta, etc se redimía a si mesmo e vingaba un agravio que xa duraba demasiados anos. Entremedias, os que vivimos na década dos oitenta non podemos olvidar os torneos de futbito que na mañán dos domingos tiñan lugar na extinta pista do vello polideportivo, onde unha caída na grava prácticamente equivalía a unha morte segura. A liguilla dos bares. Oasis, El Pescador, Italiano, El Pinar... Posteriormente, xa na moito máis decente pista do novo Pavillón Polideportivo, tiveron lugar outros torneos de futbito, a mediados dos 90, onde a retina dos que a eles asistimos sempre recordará o encaixe de bolillos, o ballet futbolístico prodixioso, do Ajax ou do Passot. Pasarán os anos, inventaranse novas distraccións, cambiarán os tempos, pero sempre nos quedará o fútbol.

 

 

Comentarios   

juanillo
0 # juanillo 31/03/2009 01:26
si señor,vaia recuerdos!!!!!!.
O fútbol sala antes era increible,mític os equipos que salen ahí como oasis,4 ventos,pescador (que todos eran do madrid e o sinote comproulles a camiseta do barsa),faltan o meu.lar,o italiano,o atlántico,os de dor,o ele 3 da ponte.......etc que recuerdos!!!!
Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 31/03/2009 15:42
Si señor un muy bo reportaje,como di juanillo que grandes recuerdos,solo faltan fotos de cando ganamos nos as 2 copas da costa,demasiado diego.
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 31/03/2009 19:17
Xa van velliños mitad dos que están ahí.
Hay unha persona que lle debian de faser un homenaje e esa persona e Antonio, iba siempre os partidos, e o día do Carme nunca perdío de acompañar os da dansa de arcos, siempre cos seus arcos coljados no hombro, estuvo enfermiño muito tempo e ahora vese pouco pola calle, antoniño espero que te recuperes ben e quero verche de novo este Carmen cos teus arcos coljados, mereses todo, polo menos que che fajan un boo reportaje, si leedes esto, Diego e Marcos acordadevos de Antonio.
Denunciar ante o administrador
JABA
0 # JRANDES FUTBOLISTAS KE FIXERON HISTORIA!JABA 31/03/2009 22:38
En todas as fotos ke mirei,vin a varios familiares;Jose (o chino),Tito(tri ñans),jose(do argentino),e o ke mais me justou ver...foi a meu primo JUAN MANUEL(o fillo do chino),kon tan solo 2 aniños,ajarrado a man de seu pai,tan rubiño de pelo e ko traxe de España.Todos os ke salen nas fotos,foron e son,jrandes xojadores de futbol.Saludos.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 01/04/2009 15:37
que bonitos recuerdo e jamela con meu sobriño marquiños mar quiños alojo estas todo mexadiño e viva camariñas jajja wapo sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.