- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Marzo 2009 19 Marzo 2009
Aquí en camarinas.eu decidimos adiantar uns días a entrada da primavera e así aproveitando o excepcional día de San Xosé do ano do noso Señor de 2009 da man dun dos maiores expertos en cicloturismo e rutas a pe e en bicicleta do Concello de Camariñas, o noso redactor e amigo Luis Rodríguez Luaces, acercámonos ata o posiblemente paraxe máis fermoso do municipio: o conxunto de praias que conforman o Areal do Trece e o lexendario Monte Branco que o abriga. Neste paraíso virxen, salvaxe e incomunicado, prácticamente sen presencia de ser humano algún, a redacción de camarinas.eu volvío a sentir a comunión ca natureza no seu grado máximo.
Hai xa uns cuantos anos, unha mañán de sábado na cidade da Coruña mentras un futuro redactor de camarinas.eu oía desganadamente un programa de radio adicándose a sabe Deus que labores domésticas propias do xénero masculino, o entrevistado, un viaxeiro que supostamente percorrera as catro puntas do planeta, ante a pregunta de cal era a praia que recordaba como máis fermosa de todas as que percorrera nas súas inacabables e homéricas viaxes, soltou sorpresivamente que sen dúbidas era un areal salvaxe e deixado da man de Deus chamado "O Trece" e que se atopaba no Concello de Camariñas.
A resposta daquel anónimo Marco Polo moderno sempre volvería á axitada e inquieta mente dun redactor cada vez que se acercara ao areal máis fermoso, senón do mundo, si polo menos da Costa da Morte. Por eso, conviñemos co noso redactor Luis de Quecha, o maior experto en rutas cicloturísticas do Concello, que a primeira edición da nova sección de camarinas.eu que agora que se acerca o verán sirva como guía para incentivar aos nosos usuarios á práctica do deporte compaxinada da man do turismo máis ecolóxico tivera como destino final o Areal do Trece, unha paraxe paradisíaca no que sen embargo os veciños de Camariñas non se acercan o suficiente, á vista do seu aspecto desolado e prácticamente virxen. A elo contribúe que unha vez chegados ao Cemiterio dos Ingleses non lonxe da Punta do Boi onde un día de 1890 o H.M.S. Serpent si que atopou o seu destino final, haia que percorrer unha pista impracticable en ocasións ata para as máis especializadas mountain-bikes durante preto de dous kilómetros.
Cráteres volcánicos elevados ás alturas por dunas de impoñente aspecto, o maior caramiñal de Europa, restos perdidos de embarcacións pasaxeiras arroxados a terra por un mar implacable, area granulosa e grosa que constitúe un dos rasgos distintivos do conxunto de praias que forman o Areal do Trece, bosques abigarrados de pinos nas ladeiras das montañas que protexen o conxunto do Trece e Monte Branco e que recordan remotamente a Canadá, praíñas e coídos formados por bolos de aspecto completamente pulido e erosionado, esculturas anónimas que firmaría o mesmísimo Man, cruces improvisadas elaboradas rudimentaramente que rinden homenaxe tal vez ao tributo inevitable en vidas humanas que se cobra cada certo tempo o mar. E dous seres humanos perdidos na inmensidade. Miles de metros cuadrados para dúas almas errantes e solitarias. Todo eso significa o Areal do Trece: a última paraxe salvaxe do Concello de Camariñas.
Comentarios
ACORDOME CANDO IBA "CACHAR O MAR " BEN SEDO CON MOU TIO EDUARDO.ULINDO CADA ANACO DE MADEIRA QUE COLLIAMOS,A VER DE QUE ERA...
Y AS VECES QUE TIREINME POLO AREAL ABAIXO !!!
AYYY DIEGO TI SI QUE SABES MOVILIZAR A ALMA!!!!
Ese si que é un sitio bonito, lástima de verdad que non arreglen a carretera, que da pena tanto bache !!
saudos.
Salaño non tardes en ver a visitar a plaia de 13,hay que andar un cachiño hasta chejar alí pero merese a pena, mira que a min non me justa nada andar pero xa teño ido unhas cuantas veses sobre todo a buscar a caramiñas que saben criminal.
Pasadelo pipa Markiños e luis jajaaj!
Todolos veranos vou un par de veses por eses camiños costeando o mar,e non me canso de andalos.E algo impresionante e único.Ojalá sija virxen este paraiso,po disfrute de todos.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.