- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Marzo 2009 13 Marzo 2009
O Ranchito pesca un pulpo de casi 8 kilos

Hai un tempo xa escribimos sobre unha posible invasión de calamares xigantes, pero desta volta foi un impresionante pulpo de casi 8 kilos o que acabou sendo capturado por un mariñeiro camariñan. E claro as comparacións ca mítica escena onde un cefalópodo xigante atacaba o "Nautilus", o submarino patroneado polo Capitán Nemo na mítica novela de Julio Verne "20.000 leguas de viaxe submarino", son inevitables. Ademáis o protagonista desta noticia é un vello clásico das páginas de camarinas.eu: nin máis nin menos que Jose "o Rancho Junior" que ten destacado tanto como improvisado buceador de perlas preciosas como experto home de mar. Pulsa na imaxe para ler a noticia dunha loita entre un terrible monstruo marino e un humilde e esforzado mariñeiro camariñán.
O Ranchito pesca un pulpo de casi 8 kilos
Hai un tempo xa escribimos sobre unha posible invasión de calamares xigantes, pero desta volta foi un impresionante pulpo de casi 8 kilos o que acabou sendo capturado por un mariñeiro camariñan. E claro as comparacións ca mítica escena onde un cefalópodo xigante atacaba o "Nautilus", o submarino patroneado polo Capitán Nemo na mítica novela de Julio Verne "20.000 leguas de viaxe submarino", son inevitables. Ademáis o protagonista desta noticia é un vello clásico das páginas de camarinas.eu: nin máis nin menos que Jose "o Rancho Junior" que ten destacado tanto como improvisado buceador de perlas preciosas como experto home de mar.
A invasión dos pulpos xigantes
O caso é que estaba o noso querido amigo Jose o Ranchito ca súa embarcación recollendo as nasas no entorno da Virxe do Monte cando arriou para a bordo un impresionante pulpo de oito kilogramos que fixo que nun primeiro momento quedara sorprendido ante semellante captura. Certamente, nestes últimos tempos estámonos acostumando a ver como o mar camariñán destaca pola fertilidade e riqueza das súas capturas. Hai uns meses, concretamente a primeiros de decembro, a embarcación da familia Campaña Pensado "Muro de Fontán" capturaba frente as costas de Nemiña dez calamares xigantes que se sumaban aos que foran capturados en días anteriores por distintos pescadores camariñáns. Posteriormente foi na zona de Reira onde foron collidas impresionantes lubinas de planta lonxitudinal e sabrosas carnes. Queridos usuarios, vivimos nun entorno de gran riqueza onde a natureza nos obsequia cos mellores dos seus productos, alomenos os marinos, e todo eso sin contar que ata as ameixas da Praia do Ariño en Xaviña veñen cargadas con exóticas perlas preciosas a semellanza daquelas que capturaban nos seus buceos de alento os polinesios dos Mares do Sur...
- O Rancho atopa unha perla nunha ameixa do Ariño
- O ataque dos calamares xigantes
- O usuario de camarinas.eu Mario pesca en Canarias un calamar de 9 kilos
- O usuario de camarinas.eu Kalaña pesca en Camariñas un calamar de 3 kilos e medio
Comentarios
NORABOA
Antonio
BEÑA RANCHO SUERTE E A COMER O PEDASO DE PULPO QUE COLLESTES QUE TAMEN E OUTRA DAS MILLORES MANEIRAS DE DISFRUTAR...COM ENDO.JEJE.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.