- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 09 Marzo 2009 09 Marzo 2009

Xaviña e Santa Mariña incluidas na Ruta do Románico
Foi nos tempos que seguiron a aquel ano 1.000 no que supostamente debía desaparecer o mundo no medio dun Apocalipsis no que o Anticristo faría a súa chegada triunfal a esta terra pecadora, en pleno século XI, cando nunha Europa Occidental sumida na fame e a ignorancia surxío un estilo arquitectónico caracterizado polos arcos de medio punto, os fortes pilares e certo estilo pétreo e monacal que despois sería estilizado no paso ao arte Gótico e que deixou tamén a súa pegada nesta terra antiga e cristiana do Concello de Camariñas. Concretamente nas Igrexas de Santa María de Xaviña e de Santa Mariña de Tosto, tal e como recolle a Ruta do Románico da Costa da Morte que ven de ser elaborada pola Asociación Neria. Pulsa na imaxe para visitar da man de camarinas.eu os dous templos máis antigos destas terras milenarias.
Efectivamente, foi alá nos tempos nos que os Capetos acababan de subir ao Trono de Francia, nas épocas do Sacro Imperio Xermánico, cando Italia estaba dividida nunha multiplicidade de Cidades-Estado moitas veces enfrontadas entre si e nunha Península Ibérica onde as boas xentes cristianas libraban unha multisecular e inacabable guerra de liberación contra o invasor musulmán, cando os mestres de obra idearon o Arte Románico que pronto se expandiría polos diferentes camiños de Europa adoptando en cada unha daquelas castigadas terras unhas características diferentes e dando á luz obras maestras da arquitectura que quedarían para a posteridade pola súa perfección. Na Costa da Morte legounos xoias como a Igrexa de Santiago de Cereixo (principios do s. XII), a Igrexa de San Pedro de Leis (s. XII), a Igrexa de San Martiño de Ozón (finais do s. XII) ou a xoia da coroa: a Igrexa de San Xulián de Moraime, monasterio templario do s. XII e sen dúbidas o mellor exemplo da arte románica de toda a Costa da Morte, tal e como recolle a "Ruta do Románico" que ven de organizar a Asociación Neria ca financiación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ou os fondos LEADER e FEOGA da Unión Europea.
Dentro do Concello de Camariñas, a ruta recolle os templos de Xaviña e Santa Mariña. En primer lugar, acercámonos á Igrexa de Santa María de Xaviña, templo románico de finais do século XII, o máis antigo do Concello, dunha soa nave e ábside rectangular e na que destaca o arco de entrada ao prebisterio, as súas preciosas gárgolas e a ventana do testero. Testemuñas arquitectónicas que falan da antiguedade e cristianismo milenario da llanura xaviñana, aínda que ás veces o proverbial e ben coñecido carácter emprendedor e mercantil dos seus veciños fagan dudar acerca dunha posible raíz hebrea dos mesmos. Precisamente é neste templo onde hai xa unhas cuantas décadas exerce o seu peculiar maxisterio Don Mario no medio do cariño e devoción de tódolos xaviñáns.
O segundo exemplo do arte románico no Concello de Camariñas tamén disfruta dos oficios de Don Mario nos sagrados días de festa. Falamos de Santa Mariña de Tosto, unha pequena capela edificada posiblemente a finais do século XIII, vestixio do que foi o monasterio do cabo Tosto, que tivo importancia na Alta Edade Media, tratándose polo tanto dunha igrexa dun románico tardío que nestas épocas estaba a deixar o seu sitio ás prodixiosas catedrais góticas, de arcos apuntados e infinitas bóvedas de crucería que enchían de luz o recinto cun estilo moito máis estilizado e espiritual. A presencia deste templo fala asemesmo das épocas remotas nas que Santa Mariña xa estaba habitada. Todo esto o atestigua o actual sacristán accidental desta coqueta capela: Alfredo Mouzo Pardiñas, máis coñecido como "Leopoldo", que nos fala de autobuses chegados expresamente dende Valencia para ver un magnífico retablo restaurado polas aportacións voluntarias dos veciños ou de auga milagreira para os males da cabeza e que só se pode atopar en esta apartada e remota paraxe. Agora retirado das duras tarefas dun mar sempre bravo e dos vicios dun tabaco maligno que a piques estiveron de levarse por diante a Don Alfredo alá por 1980, dedícase dende a súa veciña e acolledora casa ás tarefas de cuidado e vixilancia dun templo de máis de 800 anos. Oito séculos e sen embargo a través de todo este océano de tempo que é percorrido por camarinas.eu nunha fría e crepuscular tarde de marzo do recén comenzado século XXI, non podemos evitar cumplir cun rito milenario da nosa sacrosanta Igrexa Cristiana Romana e Apostólica: o acendido dunha veliña no templo santamariñán polo que poda pasar nestes tempos incertos. Porque sempre é mellor que Deus nos colla confesados cando haxa que comparecer ante o Altísimo para rendir contas por unhas vidas tan pecaminosas como as dalgún que outro redactor de páxina web.
Comentarios
Pos eu,penso,que debeu de ser así:
Alá polo ano 1000 dá nosa era,o mundo cristián agardaba con espanto a chejada do ANTICRISTO,e o FIN DO MUNDO.Produxéro nse muitos suisidios e os fieles,vestíans e con sacos e espolvoreabanse cá senisa,sometend o o seu corpo a inhumanas penitensias para redimir ós seus pecados ante a inevitable extinsión da humanidade.
As xentes recollianse en lujares apartados e ergían templos pá orar,como esta xoia de SANTA MARIA.O nome de XA...VIÑA,tivo que ter a orixe,presisame nte, porque ese era o medo reinante (xa estaba a chejar...xa viña o que iba a ser xuis de vivos e mortos...XAVIÑA)
E,si non fui así...,que máis da...o caso e imaxinar,e que os estudiosos da sua orixe,no-lo aclaren.
Antonio
BUENO BON CONTARLLE A MIÑA VIDA PECAMINOSA A DON JESUS....JAJAJAJA...SALUDOS.
VITO
Saludos
SOLAMENTE GRACIAS,GRACIAS DE VERDAD DIEGO.
VER NUEVAMENTE A MI CAMPO DA CAPILLA,DONDE "REBULDABA DE PEQUENO"
VER A MI TIO "LIAPOLDO" HERMANO DE MI PADRE Y CASI GEMELO EN SU ASPECTO FISICO.
ESTO TRAE A MI MENTE EL 14 DE ABRIL DEL 2007 CUANDO VI TODO ESO POR ULTIMA VEZ.
RECORDAR EL ENCARGO HECHO A NUESTRA QUERIDA SANTA MARIÑA PARA QUE CUIDE EL ALMA DE MI PADRE.
EN FIN........... YA ME RECUPERARE Y PODRE SER MAS AMENO,EN ESTOS MOMENTOS ESTOY INVADIDO POR UN PROFUNDO SENTIMIENTO DE AGRADECIMIENTO A TODOS LOS QUE ESTAN EN LA PAGINA,NO ME HUBIESE IMAGINADO QUE UNA NOTA ME PUSIESE ASI.
NUEVAMENTE GRACIAS DIEGO & CIA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.