4.5789473684211 1 1 1 1 1 Rating 4.58 (38 Votes)

A Praia de Camelle quedará limpia como unha patena

A Praia de Camelle pasará a ser un dos principais areais da Provincia da Coruña
A Praia de Camelle pasará a ser un dos principais areais da Provincia da Coruña

Aquí en camarinas.eu gústanos rastrexar o ciberespacio na búsqueda de noticias referentes ao Concello de Camariñas e así no día de hoxe enterámonos que o Ministerio de Medio Ambiente ven de licitar unha iniciativa pioneira consistente na rexeneración de praias radicadas en núcleos urbanos como medio de facelas máis aptas e idóneas para o turismo. Tras un examen exhaustivo, o  areal elexido foi o de Camelle onde se invertiran preto dun millón de euros en seis meses e todo elo enmarcado no Plan E do Goberno Central para a reactivación da economía española nestes duros tempos de crisis. Pulsa na vista aérea de Camelle para ler a noticia completa e ver unha impresionante galería fotográfica que recorre a historia deste célebre areal camellán.

Rexeneración da Praia de Camelle

Foto do arquivo de camarinas.eu que amosa o aspecto de Camelle antes das obras do Paseo Marítimo
Foto do arquivo de camarinas.eu que amosa o aspecto de Camelle antes das obras do Paseo Marítimo

O Goberno Central con sede en Madrid aprobou a finais de 2008 o denominado Plan E, co obxectivo declarado de constituir un estímulo para a economía española e o empleo e que supoñe unha movilización de fondos públicos con moi poucos precedentes. Así as obras do Fondo Estatal de Inversión Local que van a deixar preto dun millón de euros en Camariñas localízanse dentro deste Plan, se ben os resultados logrados ata o de agora para o estímulo do emprego están á vista de todos e pódense calificar de máis ben escasos.

Pois precisamente, enmarcada dentro deste Plan E, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e o Mar, licitou a rexeneración da praia de Camelle. O investimento previsto para esta actuación é de 930.071 euros e o prazo previsto para a finalización das obras é de seis meses. Con esta actuación vanse crear 27 empregos.

Antiga vista da praia de Camelle
Antiga vista da praia de Camelle
O proxecto ten por obxecto a rexeneración da praia de Camelle. Este areal foi elexido de entre varios centos ao longo de toda España porque a de Camelle é unha praia urbana de orixe fluvial, duns 300 metros de lonxitude e 105 metros de largo de media ideal polas súas características xeográficas e morfolóxicas para a consecución dos resultados buscados con este tipo de proxectos rexenerativos de diversos areais. Esta praia actualmente presenta pouca afluencia, pero posúe moito potencial para o seu uso lúdico debido á tranquilidade das súas augas e o entorno de gran beleza no que aparece radicada, ademáis do atractivo que presenta a súa cercanía a un núcleo urbano con todas as ventaxas e facilidades que elo trae aparellado. Polo tanto, créense necesarias actuacións de limpeza e, en xeral, de condicionamiento da praia para facilitar o seu uso. Unha praia de Camelle que ten como datos significativos unha pendente media de 1.3% e que está constituída por areas medias. Estas areas teñen unha distribución granulométrica moi heteroxénea, segundo afirman os informes técnicos obrantes na sede do Ministerio. Os obxectivos a cumprir coas actuacións de rexeneración previstas resúmense en diversos tipo de actuacións de limpeza das areas da praia seca, con retirada de residuos sólidos mesturados coa area que serán depositados en escorredoiro autorizado.

Especificando máis, a actuación exposta conlevará o cribo da area da praia, con retirada de materiais cuxo tamaño supere os 2 milímetros e a substitución dos mesmos por areas de canteira de tamaño en torno aos 0.6 milímetros. Elo fará que o areal camellán presente un aspecto moito máis coidado e limpo que sen dúbidas constituirá un aliciente para un turismo que se espera en anos próximos aumente a súa afluencia a un Camelle dotado dunha praia de primeira magnitude. Polo tanto estas actuacións suporán o cribado de 42.920 metros cúbicos de area e procederase á achega dun volume de areas de 9.500 metros cúbicos.

Image

Asemesmo é de destacar que os informes técnicos insisten na existencia a praia dunha saída da canalización do río na franxa intermareal occidental que favorece a erosión local do perfil de praia nesta marxe e a achega de finos na zona de encontro da auga doce procedente do río e a auga salada. Para dar solución a este problema prolongarase a canalización 100 metros para o mar mediante unha canalización a leito aberto de cachotería, continuando o trazado polo exterior do támara do paseo existente.

Estas actuacións forman parte da política do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino, para recuperar o litoral español colaborando coas Comunidades Autónomas e os Concellos das zonas afectadas, levando a cabo as actuacións necesarias para a mellora da franxa litoral respectando as características medioambientais e paisaxísticas de cada zona e facilitando o uso e goce da costa a todos os cidadáns.

En definitiva, trátase dunha importante inversión que acomete o Goberno Central de Madrid, a través do seu Ministerio de Medio Ambiente, e que contribuirá a unha mellora do aspecto visual e do atractivo turístico da vila norte do Concello de Camariñas. Un novo investimento que continúa a coroar, tal e como amosan as presentes fotografías extraídas do archivo fotográfico infinito de camarinas.eu, o longo camiño que iniciou Camelle non hai moitos anos e que convertiron o que era un olvidado pobo mariñeiro de pedra e area nunha atractiva vila turística e das que as obras do seu Paseo Marítimo acometidas durante a Presidencia na Xunta de Galicia de Manuel Fraga foron o proxecto estrela.

Fontes

  • Ministerio de Medio Ambiente
  • www.webmurcia.com

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.