- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Febreiro 2009 21 Febreiro 2009

Continúa o lavado de cara de Camariñas
Ante a avalancha de visitas ilustres que o anteriormente tan olvidado pobo de Camariñas está a recibir estos días, os obreiros da empresa López Cao non o dubidaron e na mañán deste sábado 21 de febreiro (víspera de eleccións) puxéronse a traballar como auténticos esclavos exipcios. Tanto traballaban que parecía que tiveran detrás un implacable capataz cun látigo de cuero de sete estalos. O caso é que supoñemos que cobrarán por traballar en datas tan extranas as súas boas e suculentas horas extra.
Con todo esto, queridos amigos, o que queremos decirvos é que esta estrambótica redacción iba na mañá de hoxe a cubrir a visita de Don Manuel Fraga ao Club Náutico cando quedou gratamente sorprendida polas impecables obras de asfaltado que se estaban a levar a cabo na Rúa do Castillo (enriba do Paseo Marítimo) e que deixaron o piso liso como unha pista de patinaxe artística sueca dos bos tempos de Suecia. Así, os nosos amigos do Hostal Dársena Sesé e seu pai, o noso querido amigo Miro, poderán ter á porta da súa casa unha rúa cun piso decente e propio do século XXI e non o que parecía un derruido sendero polo que acabaran de pasar as brigadas de tanques rusos da guerra de Chechenia.















































Comentarios
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.