- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 18 Febreiro 2009 18 Febreiro 2009
Hai xa cincuenta anos, toda unha vida, que Pepe O Mantido e Gloria uníronse en santo matrimonio. Fui ano arriba ano baixo cando O Mantido construío na Punta da Virxe da Barca dúas torres que coroaban un templo sagrado e que permitían contemplar Camariñas como unha illa de beleza. Unha illa na que esta familia orixinaria de Carnés un día hai xa moitos anos acabou recalando de forma definitiva. Precisamente aquí, na Vila das Palilleiras, e no que sería co tempo un dos seus barrios máis emblemáticos (o distrito de Corea), foi onde Pepe e Gloria criaron unha familia e tomou corpo e forma unha empresa de construcción e de obra pública que se faría lexendaria en toda a Provincia da Coruña: Mantido S.L.
Este venres 13 de febreiro de 2009, víspera de San Valentín, Día dos Enamorados, facía exactamente cincuenta anos que se casaban dous xóvenes de Carnés. Pepe e Gloria. El dende moi novo demostrou unhas aptitudes innatas para o traballo de cantería, convertíndose precozmente nun maestro canteiro que deixaría a súa pegada experta en igrexas, cruceiros e cabazos de toda Galicia. Co tempo fundaría unha empresa dedicada ás obras públicas que chegaría a ser emblemática en tódolos concellos da Provincia da Coruña, aquela que levaba o sobrenome polo que Pepe era coñecido multudinariamente: Mantido S.L. Seguramente foi unha desas obras, contratada polo que foi durante tantos anos lexendario Secretario do Ayuntamiento de Camariñas, Hervás, o que fixo que un día Pepe se acercase pola nosa vila. E aquí foi precisamente, no barrio de Corea, onde Pepe e Gloria decidiron botar raíces, convertíndose en dous camariñáns máis.
Dotado dunhas cualidades sin igual para as relacións sociais, si algo sempre caracterizou a familia do Mantido foi a súa xenerosidade e carácter aberto. Nunca foi raro que chegado a un bar, nunha volta pagase todo o que nese momento alí se estaba a consumir, e si ben na hora do traballo duro sempre foron os primeiros, como compensación na hora do descanso, sempre foron os nº1 para organizar festas, sendo ben coñecido o carácter apocalíptico e pantagruélico das comidas multitudinarias que se celebraron na súa casa e que en ocasións teñen chegado a durar días. Por todo o anterior, e debido ao carácter aberto, simpático, xeneroso destas dúas excepcionales persoas, queridas en todo Camariñas, para a web que mellor representa esta vila milenaria é todo un honor e un privilexio publicar nas súas humildes páxinas unha impresionante galería de fotos que nos fala doutros tempos: dunha Galicia rural, traballadora, de zocos e de pedra, abrumada por cuadrillas de obreiros que se desplazaban en busca da salvadora obra pública, de festas e comidas ao son dunha gaita e un tambor, de fermosas rapazas de aldea e de emprendedores xóvenes que saían aos camiños a gañarse a vida. Unhas fotos que falan duns tempos idos. Pero que son os tempos polos que transcurriron os 50 anos de vida en común de dúas persoas sinxelas e traballadoras que levaron a alegría e a felicidade a todos aqueles que os coñeceron: O Mantido e Gloria. Dende esta destartalada redacción e cuadrados en sinal de respeto: ¡¡FELICIDADES POR ESES 50 ANOS DE MATRIMONIO!!
Comentarios
Me alegró ver en una de ls fotos a mi primo Jesusito (qepd)
Antonio
XA LLE DIREI A O SEU AMIJO VALERIO QUE MIRE A NOTISIA..(INDA QUE ESTE EN BRASIL..ESTO E O BON QUE TEN INTERNET,E CAMARIÑAS.EU).
SIN MAIS PATRON,FELISIDA DES POR ESA MULLER QUE TEN E TAMEN POR ESA FAMILIA.
VITO
Pois aquí a neta desta parexa tan marabillosa,xa vos deseou un feliz aniversario, por circunstancias da vida non se pudo celebrar como se poidera, xa que nunha das fotos está miña madriña que en paz descanse, pero de todas formas non fai falta festa porque tendo o cariño que nos temos todos eso é o importante, miña abuela sabe que lle quero muito pero que a personiña que más quero do mundo é meu abueliño Mantido, mama non te enfades que xa sabes que meu abueliño é muy especial para min, que o día que me falte non sei q será de min, a perosna más humilde do mundo e miña abuela un cachiño de pan, quérovos muito abueliños, e así será por mmiles de anos máis. bikiños
Que dureds moitos aniños mas asi de Felices...Glori a que wapa nas fotos A tua filla maruja e a tua neta adry son igualitas a ti....e Martin a seu abuelo Pepe...o amin parecemo..
Bikiños
Un abrazo
Saludos desde Cartagena
Moitas Felicidades pepe e Gloria
Papa mantido e mama gloria, jrasias tamén por ser como sodes, pa min os mellores.
Un abrazo
SALU2 JOHNREIRA
un bikiño mui grande e enoraboa de novo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.