- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Febreiro 2009 11 Febreiro 2009
Un axioma central da teoría política das democracias occidentais modernas é que os períodos que preceden ao redoble final dos tambores electorales veñen marcados por unha fiebre inversora compulsiva das distintas Adminstracións Públicas. O caso é que este martes 10 de febreiro de 2009 a Xunta de Galicia iniciou a execución das obras de pavimentación do núcleo viario central de Camariñas: as Calles do Medio, de San Miguel e de O Areal xusto ata o Bar José Manuel. E como sempre que esto acontece alí estaba a web líder da Costa Atlántica para inmortalizar para a posteridade tan histórico acontecemento. Pulsa na foto para saber todo o que hai que saber dunha obra clave para Camariñas.
Camariñas reventa literalmente debido ás obras
¡¡Ay, os tambores electorales!! Sempre veñen precedidos dunha melodía que resulta moi armoniosa para o oído humano e que está composta por unha orquestación instrumental a base de palas, picadoras, bulldozers, martillos neumáticos e formigoneiras. E de olores incluso: a terra levantada e húmeda, a cemento, a sudor agrio de obreiros e de fume de tabaco negro que dende a pétrea comisura duns labios elévase no frío da tarde cara o firmamento entre palada e palada de terra e escombro.
A nova obra que na mañán do martes 10 de febreiro de 2009 se iniciou nas inmediacións do Gadis pode considerarse composta como de dúas fases: a primeira que executará directamente a Xunta de Galicia a través da adxudicación da mesma á empresa constructora con sede en Vimainzo Cernadas S.L. e que abrangue a pavimentación mediante formigón armado e acabado impreso das Calles do Medio, San Miguel e de O Areal (a semellanza da que levou a cabo en decembro de 2007 a empresa Mantido S.L. na Rúa do Flaire de Camelle). A segunda fase conlevará o mesmo tipo de pavimentación na Avenida e Travesía Eugenio López, é decir dende o Bar José Manuel ata a Igrexa de San Xurxo e será executada, unha vez autorizada a obra polo Ministerio de Administraciones Públicas (MAP), polo propio Concello de Camariñas, xa que o correspondente proxecto foi incluido dentro da lista de sete obras aprobada polo accidentado Pleno do Concello do 20 de xaneiro de 2009 e remitida ao MAP dentro do famoso Fondo Estatal de Inversión Local que deixará en Camariñas máis de un millón de euros en obras.
En todo caso, xa sea pola proximidade das eleccións ou polos esforzos realizados dende o Concello en anos anteriores, a verdade é que o Concello de Camariñas encóntrase na actualidade reventado literalmente a base de obra pública das distintas administracións: o Paseo Marítimo de Arou, o novo Porto de Camelle, as EDAR de Camariñas e da Ponte de Porto (e nun futuro non moi lonxano a de Camelle-Arou), o Paseo Marítimo de Camariñas cas súas distintas fases, a Calle do Medio, as obras do Plan de Obras e Servicios da Deputación de A Coruña (POS), as obras do Fondo Estatal de Inversión Local que están por vir á volta da esquina. Camariñáns, espérannos meses duros de obras e escombro.
Comentarios
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.