- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Febreiro 2009 08 Febreiro 2009

Pois agora que a utilización do Pavillón Municipal de Camariñas está resultar tan polémica e controvertida, vamos a rescatar unhas imaxes do uso que lle dou (uso pacífico, enténdese) o mellor xogador da historia do baloncesto español e auténtico all star nos Estados Unidos de América, Pau Gasol, cando na estela do chapapote que deixou o Prestige este gran español e mellor persoa visitou un luns 28 de abril do ano 2003 Camariñas acompañando a membros da organización ecoloxista WWF/Adena. Pulsa na montaxe para ver a galería fotográfica que nos fixo chegar o noso gran amigo Oscar da Oca, que actualmente rexenta o histórico Bar Victoria de Camariñas.
Un auténtico patriota español en Camariñas
Despois de tanto e tan reiterado fracaso, nestes últimos anos os españoles acostumbrámonos a ver cousas que nunca pensamos que verían os nosos sufridos ollos: unha selección de fútbol que triunfa nunha Eurocopa; un español que gaña Campeonatos Mundiais de Fórmula 1; un tenista que sendo número 1 do mundo arrasa en Roland Garros, Wimbledon e agora no Open de Australia; un equipo español de Copa Davies que consigue en poucos anos tres ensaladeras; o combinado de baloncesto que gaña un Mundial e consigue unha Plata Olímpica; e tras aqueles breves minutiños que nos superon a gloria durante tantos anos nos Portland Trail Blazers da man do mítico e tristemente falecido Fernando Martín, un español que chega a ser toda unha estrela da NBA, a mellor liga de baloncesto do planeta.
Pau Gasol Sáez, o que un día sería o mellor baloncestista da historia de España, nacía un 6 de xullo de 1980 en Sant Boi de Llobregat (Barcelona). Aínda que o seu avó era un acérrimo seguidor e socio do Espanyol de Barcelona que dende mui pequeniño levará ao seu netiño a ver os partidos do equipo branquiazul no desaparecido Estadio de Sarriá, Pau non dubidará en enrolarse nas filas da canteira do gran rival do equipo españolista, o FC Barcelona, onde fai unha carreira meteórica que o leva ao primer equipo na temporada 1998-1999. Antes, no verán do 98 integrando a xeración de ouro do básket español, gañará o mundial sub-18 en Lisboa. A súa carreira no Barça é meteórica e así tras dúas temporadas, é elexido co número tres polos Memphis Grizzlies no draft de 2001, franquicia novata na NBA que lle impedirá aspirar a grandes desafíos ata que en febreiro de 2008 ficha por Los Angeles Lakers, disputando esa mesma tempada a final da NBA que perde ante o outro gran histórico do baloncesto americano: os Boston Celtics, na final por todos soñada.
Este gran xogador e mellor persona, auténtica bestia negra do nacionalismo excluinte catalán, sempre entendío que sentirse catalán e español non é algo incompatible, senón máis ben complementario e por iso nunca o intimidou volcarse en iniciativas que redundaran no ben de España, xa sexa impoñendo nos seus contratos NBA unha cláusula pola que se lle permita xogar os Campeonatos Mundiales, Europeos ou Olimpiadas que dispute a Selección Española ou acudindo a un pequeno e olvidado puebliño da Costa Atlántica devastado pola marea negra do Prestige, para tentar de aportar o seu grao de area e transmitir cariño e comprensión aos seus atribulados veciños.
Eso foi precisamente o que este auténtico patriota español fixo un luns 28 de abril de 2003, cando tras aterrar no aeroporto de Santiago de Compostela, acompañando a membros da organización ecoloxista WWF/Adena acercouse ata dúas pequenas e remotas vilas, Muxía e Camariñas, onde auténticas muchedumbres de rapaces e non tan rapaces se aledaron sin límite ao ver como o ser humano que enchía recintos cunha capacidade de decenas de miles de espectadores como o Madison Square Garden de Nueva York ou que se enfrentaba en duras pugnas polo dominio da zona con Shaquille O'Neal ou o xigante chinés Yao Ming, tiña un sorriso e un recordo para toda a chiquillería camariñana. Pois por todo o anterior, esta redacción ao completo rinde esta pequena e humilde homenaxe a Paul Gasol Sáez como mostra de respeto e admiración máximas. Gasol, ti siempre serás un dos nosos.



























Comentarios
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.