Revisión de parcelas forestais no Concello de Camariñas

Durante o ano 2020 o servizo de Planificación Preventiva e Limpeza de Montes do Concello de Camariñas, subvencionado pola Xunta de Galicia, revisou máis de 620 parcelas do municipio para o cumprimento da instrución 1/2018 publicada no DOG sobre xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas. ...

A Escola Taller de Camariñas, Muxía e Vimianzo empeza forte no noso concello

O programa “Xuventude polo Emprego” promovido polos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía busca a formación e inserción de rapaces e rapazas novas no mundo laboral en distintos eidos. Na procura dese cometido están a realizar dous proxectos relacionados coa vila de Camariñas. ...

A senda de Area da Vila a Lingunde non afectará ao castro de Camariñas

O Concello de Camariñas confirmou mediante un estudo arqueolóxico que a futura senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ao xacemento arqueolóxico da Punta dos Castros. Logo deste resultado, o informe xa se presentou en Patrimonio para que a Dirección Xeral autorice para a posterior licitación por parte de Costas do Estado. Completouse unha actuación que resultou fundamental para poder desbloquear a situación e que comecen así as obras. Incluiu a limpeza manual da vexetación por parte dos operarios municipais, efectuada con control arqueolóxico. ...

O Concello de Camariñas acende o Nadal en todas as parroquias

A alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, levou a cabo hoxe o acendido da iluminación de Nadal, que chegará outro ano máis a todas as parroquias do municipio. No acto a rexedora destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión” e “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles” e lembrou que “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos...

O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización de mobiliario urbano

O Concello de Camariñas continúa cos traballos de personalización de mobiliario urbano, logo de comezar hoxe as tarefas de serigrafía dun dos bancos do municipio. Neste pódese ler o ‘Camariñas, Camariñas’ da tan popular canción. Trátase esta dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria. ...