Ola de recoñecementos a Rafael Lema

Dentro do mundo literario da Costa da Morte hai tempo que descolla como un dos seus principais talentos o porteño Rafael Lema. Despois de anos e anos de traballo riguroso, serio e exhaustivo, de investigacións profundas e fecundas, de acometer un minucioso traballo de campo ben polos distintos recunchos da nosa costa ben por diferentes archivos e bibliotecas, en datas recentes ven de colleitar dous importantes recoñecementos a toda unha vida de investigación intelectual. A primeira delas acontecía ca emisión da entrevista que todo un mito  da Televisión de Galicia, o xornalista Pemón Bouzas, lle facía para o programa cultural da TVG "Eirado" e a segunda ca concesión, por unanimidade do xurado, do VI Premio Santa Bárbara de comunicación da Cámara Oficial Mineira de Galicia por unha serie de artigos publicados sobre o sector mineiro ao longo do 2012 en medios de prensa e internet....

Con la Punta de los Dedos

Recén rematada a temporada de verán xa un mesmo pode comprobar como, tanto o frío como os máis que habituáis días de choiva os que a nosa fermosa terra nos ten tan acostumados, volven a facer acto de presenza. É dicir, o inverno regresa unha vez máis as nosas vidas. Así como tamén regresa, despóis de varios meses de ausentamento, e coma cada ano, o Espello de Shion do noso veciño Alberto Lorenzo. Un blog de relatos cortos de carácter romántico dramático no que o autor camariñán, esta vez, nos sorprende con un novo traballlo titulado “Con la punta de los dedos”. Un texto do máis elegante e suxerente capaz de desprender exquisitas pinceladas de sensibilidade en cada unha das liñas que o conforman e o que, este xoven aspirante a escritor de 29 anos, chegou a denominar como “un simple caramelo máis” antes da inminente publicación do que será o seu novo traballo “La aguja del escorpión”. Así mesmo, mentras agardamos impacientes a futura publicación de dito relato, dende camarinas.eu querémovos deixar cunha pequena introducción de éste seu último “caramelo” baixo o nome de “Con la punta de los dedos”, así como tamén deixarvos o link que vos levará...

Pola beira do Río Grande (II)

Dentro dun dos maiores esforzos literarios acometidos para retratar unha vila e unha época, Camarinas.eu procede a publicar a segunda parte de Pola Beira do Río Grande, a narración en tres capítulos desenrolada polo enxeñeiro técnico industrial porteño Xoán Ramón Carballo.  Toca deterse no segundo dos episodios nunha exemplar institución porteña que en breve, á volta da esquina, cumprirá o seu primeiro centenario de vida: a Sociedade Recreativa e Instrutiva O Casino, así como do importante patrimonio pictórico que alberga a máis antiga institución asociativa do Concello de Camariñas. Nunha evocación que constitúe un auténtico luxo, a través dun ritmo sosegado e firme, como o do discorrer das augas dun río, Camarinas.eu ten o honor de ofrecer aos seus lectores unha narración que pasa deste xeito a formar parte dos fondos literarios da máis importante e nutrida sección cultural da Costa da Morte. Con todos vos, Xoán Ramón Carballo, Pola Beira do Río Grande....

Naufraxio do Vapor Gijón

Tal día 21 do mes de xullo de 1884, fai 128 anos, houbo unha gran desgraza, un gran desastre tanto no material como no humán. O vapor español "Gijón" levaba correo pra Cuba pero tamén persoas que ían pra aló, non se sabe cantas persoas ían a bordo pero sábese que na Coruña embarcaran 54 e que xa viña de Santander de embarcar a máis xente. Tan só houbo 56 superviventes entre o vapor español e o inglés "Laxham" con quen chocou, así que botámoslle contas e estas dánnos moi malas novas. Suponse que poderían ir unhas 160 persoas polos cálculos dos xornais da época pero só son suposicións. Houbo outro vapor inglés con nome español chamado "Huelva". Este afundíu só, mais tivo sorte porque eiquí salvaríanse tódolos tripulantes. A nosa Costa Brava faltaríalle pouco pra que definitivamente se chamara Costa da Morte. Eiquí deixamos o que se relatou dende o xornal "El Imparcial", tal día como un mércores, 23 de xullo de 1884. ...

Pola Beira do Río Grande (I)

Este xoves 28 de xuño de 2012, día inicial da Festa de San Pedro na Ponte do Porto acometemos o posiblemente exercicio literario de máis longo alento en toda a existencia de Camarinas.eu. Pola Beira do Río Grande (Paseo con lixeiros apuntes de nostalxia...), escrita polo Enxeñeiro Técnico Industrial Xoán Ramón Carballo Alvite, constitúe o relato que, divividido en tres entregas de publicación sucesiva, percorre a historia da vila porteña a través do discorrer das augas do cauce fluvial que a bañan dende a orixe dos tempos. Estamos ante un luxo literario, unha evocación histórica impregnada pola melancolía polos tempos idos, que xurde froito da colaboración habitual entre a web máis vista da historia da Costa da Morte e o actual Presidente do Club Liceo Marítimo de Bouzas, un porteño todo talento que elixe as nosas páxinas para evocar dun xeito maxistral a historia dunha vila, epicentro comercial mecido secularmente polas augas de un río, o Río Grande... ...