Os Desastres da Guerra en Camariñas

No que sen dúbidas constitúe un novo exercicio de virtuosismo historiográfico, o colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema, publica en rigurosa exclusiva na web líder da Costa Atlántica o seu segundo artigo adicado aos terribles e descoñecidos sucesos acecidos no Concello de Camariñas durante a Guerra da Independencia (1808-1814) contra o invasor francés. No mesmo o puntillismo, rigor, afán de esclarecemento e rastreo de datos históricos polos diferentes arquivos son levados ao extremo polo gran historiador da Costa da Morte. Un artigo contrastado e vital para coñecer o que acontecía por estas terras hai xusto douscentos anos, de lectura obrigada para a intelectualidade desta Franxa Atlantica e que constitúe un honor e un privilexio publicar en Camarinas.eu. ...

Exitosa Conferencia de Rafael Lema

O prestixioso historiador da Costa da Morte Rafael Lema ven de colleitar un importante recoñecemento máis a toda unha carreira profesional chea de éxitos. Nin máis nin menos que no histórico Ateneo de Madrid, ante preto de 300 asistentes e xunto a recoñecidas figuras do ámbito naval, o investigador porteño participou nunha conferencia sobre un aspecto no que Rafael constitúe sen dúbidas uns dos maiores expertos a día de hoxe: a historia dos naufraxios na Costa da Morte. Por elo, ninguén mellor que o colaborador de Camarinas.eu para disertar sobre unha realidade que coñece como ninguén, froito todo elo dun traballo tenaz, serio e documentado ao longo de toda unha vida adicada á investigación historiográfica....
Os Sucesos de 1809 en Camariñas, por Rafael Lema

Os Sucesos de 1809 en Camariñas

Foi en 1808 cando, tal que agora, abandoado polos seus patéticos e corruptos gobernantes o pobo español encarou en solitario a invasión francesa: foron os heroicos días nos que xurdío por vez primeira a Nación Española, epopeia materializada un 19 de xullo no glorioso campo de batalla de Bailén (Jaén), primeira derrota dun exército napoleónico. Unha ola incontible de fervor patriótico que se extendío como un regueiro de pólvora por toda a Península Ibérica que levaría seis anos despois á victoria inapelable sobre as armas francesas e da que Camariñas non podía permanecer allea. Uns feitos, os da invasión napoleónica no noso concello e o os terribles sucesos que en 1809 terían lugar, que son agora deconstruidos maxistralmente pola pluma historiográfica do noso colaborador Rafael Lema nun artigo que engade unha nova volta de tuerca a uns sucesos ata de agora pouco explorados e que aporta unha nova e interesante perspectiva ao debate histórico. Todo elo froito do traballo serio, exhaustivo, documentado ata a extenuación, do gran Historiador da Costa da Morte. ...
Rafael Lema, o gran historiador da Costa da Morte

Blas Espín, o maior Orfebre da Costa da Morte

Unha das firmas máis reputadas e talentosas do universo intelectual da Costa da Morte, o noso querido amigo Rafael Lema, inicia con este artigo adicado ao que foi o gran orfebre da Costa da Morte, a que esperemos sexa unha prolongada e fecunda colaboración con Camarinas.eu. Un auténtico luxo e un honor sumar o nome de Rafael á ilustre nómina de colaboradores que caracterizou dende sempre a unha web cunha das seccións culturais máis potentes de Galicia. E faino ca historia dun artesán, un napolitano, que por mor das voltas da vida acabou residindo durante case 50 anos na vila que moito despois vería nacer a un dos grandes historiadores xa non da mesma senón de toda esta Franxa Atlántica. Un artigo que supoñe en si mesmo un auténtico traballo de orfebrería histórica, fruto dunha labor intensa e seria de documentación en diferentes arquivos e bibliotecas e que agora se sirve ao gran público camariñán, por un dos seus fillos máis recoñecidos, Rafael Lema, o gran historiador da Costa da Morte. ...

Ola de recoñecementos a Rafael Lema

Dentro do mundo literario da Costa da Morte hai tempo que descolla como un dos seus principais talentos o porteño Rafael Lema. Despois de anos e anos de traballo riguroso, serio e exhaustivo, de investigacións profundas e fecundas, de acometer un minucioso traballo de campo ben polos distintos recunchos da nosa costa ben por diferentes archivos e bibliotecas, en datas recentes ven de colleitar dous importantes recoñecementos a toda unha vida de investigación intelectual. A primeira delas acontecía ca emisión da entrevista que todo un mito  da Televisión de Galicia, o xornalista Pemón Bouzas, lle facía para o programa cultural da TVG "Eirado" e a segunda ca concesión, por unanimidade do xurado, do VI Premio Santa Bárbara de comunicación da Cámara Oficial Mineira de Galicia por unha serie de artigos publicados sobre o sector mineiro ao longo do 2012 en medios de prensa e internet....