Rafael Lema, o gran historiador da Costa da Morte, volve con outra gran historia musical porteña

Historia da Ponte do Porto: A Orquesta Mambo

Infatigable na súa busqueda constante das raíces culturais e históricas do noso concello, Rafael Lema retoma as andaduras musicais porteñas e desta volta indaga o pasado da Orquesta Mambo, seis músicos de acrisolada competencia que animaron as veladas musicais da España dos anos 50 e 60 do século pasado. Unha imaxe de verbenas, sesións vermouths populares en pequenas aldeíñas ou grandes pobos dunha Galicia rural e semiatrasada, de cura, alcalde e Guardia Civil animada dende un rudimentario palco por unha animada orquesta porteña ven aos nosos ollos e fainos rememorar épocas idas para sempre, promotoras do que estaba por vir: trailers espectáculo nos que os máis vangardistas e complexos xogos de luces, sons e danzas en ocasións non permiten ver o bosque. Outro anaco do pasado dun concello e das súas xentes arrastrado ata os nosos días polo gran historiador da Costa da Morte, Rafael Lema. ...

A Banda de Música da Ponte do Porto

Unha vez houbo unha banda de música na Ponte do Porto. Esto tal vez agora non o saiban moitos, pero despois da publicación do presente artigo en Camarinas.eu difícilmente quedará un só veciño do noso concello que descoñezca a epopeia da gloriosa banda porteña. E elo gracias a colaboración fecunda, fértil, tan beneficiosa para as parroquias de Camariñas entre esta redacción e o intelectual que máis sabe do pasado desta Costa da Morte dos nosos pecados, esa mesma que a día de hoxe clama agónicamente polo remate definitivo da vía de comunicación que a rescate do seu atraso secular evidente respecto doutras comarcas desta mesma Galicia que debería cobixar dun mesmo xeito a todos os seus fillos.  Xa que nos impiden contruir o noso futuro, deberemos trasladar os ollos ata o noso pasado cun texto evocador e definitivo, apoiado cun impactante material gráfico, rescatado todo do olvido gracias a labor investigadora, incansable e sabia de Rafael Lema. Todo un luxo historiográfico para esta olvidada franxa atlántica. ...
Confírmase a orixe camariñana dos antepasados de Máxima de Holanda

Acta Bautismal do 1º antepasado camariñán de Máxima Zorreguieta, Raiña de Holanda

Unha vez postos na pista polo Faro de Vigo, Camarinas.eu segue a dar novos e significativos pasos xornalísticos na gran exclusiva do ano, quen sabe si unha das máis notables da historia, en Camariñas. E faino da man do gran historiador da Costa da Morte, Rafael Lema, quen localizaba esta mesma semana no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela o documento que certifica a veracidade do xa publicado ata o de agora respecto ás orixes camariñáns da actual Raíña de Holanda, Máxima Zorreguieta e que procedemos a publicar en rigurosa exclusiva. Trátase da Acta Bautismal, fechada un 30 de outubro de 1739 na demolida Igrexa do Calvario, do que sería o pai de Micaela Antonia Maurín Baamonde:  Joaquín López Maurín. Unha investigación ademáis que permite realizar importantísimos descubrementos respecto á antiguedade da nosa Festa do Carme así como do volume da flota existente na Vila dos Encaixes por aquelas épocas nas que se xestaban as raíces da Raíña dunha das máis antigas e ilustres monarquías europeas. Segue Camarinas.eu, da man dos mellores, a aportar novos e valiosísimos datos que certifican o gran bombazo xornalístico do noso tempo. ...

Os Maurín e Vázquez Carril en Arxentina

Ante o terremoto informativo desatado por Camarinas.eu na tarde do martes 21 de maio de 2013, o principal historiador da Costa da Morte e colaborador habitual desta redacción Rafael Lema contribúe co seu inabarcable dominio da historia local a arroxar luz sobre a familia da que descende Máxima de Holanda. E así podemos saber que provintes de Camariñas, os Vázquez del Carril dende as provincias noroccidentais da Arxentina foron os pioneiros da introducción da industria vinícola no país a mediados do s. XVIII, ou que aportaron á súa nova nación diversos gobernadores e ata un Vicepresidente do Goberno, o ilustre descendente directo de camariñáns Salvador María del Carril, persoaxe clave nos sucesos que levaron á morte de Lavalle, o protagonista do sublime poema en prosa escrito por Ernesto Sábato, aquel no que un puñado de homes desesperados, tristes restos do exército unitario, cabalgaban cara o norte, sempre cara o norte ("Romance a la Muerte de Juan Lavalle"), e das guerras civís entre unitarios e federalistas, asemesmo glosadas polo escritor entrerriano Manuel Gálvez. Unha familia de Camariñas á que o futuro aínda estaba por deparar o máis grande: toda unha Reina de Holanda. ...

Reflexións do Último Home Libre

Camarinas.eu, a gran páxina apolítica, independente e imparcial da Costa da Morte, presenta á súa pléiade de lectores un novo colaborador que sumar a unha das listas máis ilustres, numerosas e talentosas do panorama xornalístico galego. Para reforzar aínda máis o carácter neutral do gran medio de comunicación do Concello de Camariñas a partires deste ilusionante 10 de maio de 2013, cinco anos e medio e 3.006 noticias despois, unha das figuras clave para democratizar e dotar dun carácter moderado e posibilista o centro-dereita municipal, o militante histórico do PP camariñán Ramón Dios Carril, aquel coñecido popular e cariñosamente entre as masas porteñas como Moncho de Dios, inicia unha colaboración xornalística que esperamos fecunda con Camarinas.eu. E farao acorde cun carácter indomable e independente como o seu, a contracorrente de imposicións externas e ao marxe  de dictados orgánicos, elexindo e desenrolando temas dende o seu peculiar e innegociable punto de vista. Co gran público da Costa da Morte, Moncho de Dios, o último home libre. ...