A Virxe de Guadalupe, Patroa das Palilleiras, por Rafael Lema

Escindida entre o norte e o sur, case sen saber moi ben cal é o seu auténtico lugar, atópase a vila mariñeira de Rianxo. Patria natal de tres dos máximos exponentes da literatura galega (Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao), cuias casas familiares se atopan a escasos metros unhas de outras na mesma rúa, vive estos días (do 13 ao 20 de setembro) alporizada pola celebración das súas festas tradicionais en honor á Guadalupe. Por elo nada máis adecuado que un novo artigo indagatorio da nosa identidade e das nosas raíces escrito polo colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema que descubre como a virxe que cando anda pola ribeira vai descalziña pola area foi en tempos a mesmísima Patroa das nosas palilleiras. Unha colaboración máis que abraia polos seus descubrementos e a imaxe que a ilustra, que entra a formar parte da sección cultural máis potente e completa da Costa da Morte e quen sabe se unha das máis fecundas de Galicia: aquela que dende hai seis anos a levan enchendo de contidos as mellores firmas do noso concello. Aquela na que ser publicado equivale a un privilexio e un honor e da que forma parte por dereito propio Rafael...

Florentino Rogero: "Os Libros Arden Mal" de Manuel Rivas

Volve o colaborador habitual de Camariñas.eu Florentino Rogero Figueiras, máis coñecido como Tino, cun novo comentario para a nosa sección de Literatura Galega. Un comentario que non crítica, xa que Tino exerce de lector apaixonado e non de crítico literario. Nesta ocasión preséntanos para que degustemos unha obra mestra, “Os libros arden mal”, unha novela que pode ser xa considerada un clásico da Literatura Galega, do autor coruñés, afincado na Costa da Morte, Manuel Rivas, un autor cuxa obra se encontra traducida a máis de vinte idiomas. ...
Río Porto: Un nome con historia

Río Porto: Un nome con historia, por Rafael Lema

Ata o de agora sempre houbera un pequeno desbaraxuste en torno á correcta forma de nomear o cauce fluvial que atravesa o Concello de Camariñas e que ten como punto máis sinalado no seu fluir o da vila da Ponte do Porto: uns, que Río Grande, outros que Río Porto. Pois ben, esta polémica un tanto artificial á luz dos datos agora aportados pode xa considerarse finiquitada para sempre: nun impresionante artigo polo seu rigor extremo, o seu aporte inacabable de datos, e a súa intelixente e impecable análise científica dos mesmos, Rafael Lema zanxa de xeito definitivo o tema. Remontándose ata arquivos do século XIII, cifra a orixe do desencontro linguistico nunha absurda redenominación do noso río porteño por parte da administración de tempos do Réxime Franquista, que polo que se ve tamén tiña as súas derivas polos torcidos eidos do políticamente correcto, sempre tan nefastos e atentatorios para unha intelixencia medianamente normal. Así foi como se perpetrou contra unha vila e un concello un atropelo histórico. ...

O porteño que soñou cun submarino

Con bastante anterioridade a que por propia iniciativa o Kursk arrastrase aos seus 120 homes cara unha morte lenta nas xeadas augas do Mar de Barents, algo antes de que o Capitán do S-13 Aleksandr Marinesko afundira no Báltico de dous torpedazos o trasatlántico reconvertido en buque hospital alemán Wilhelm Gustloff e provocase a maior catástrofe marítima da historia (tempos despois Marinesko sería xulgado por un tribunal militar soviético pero non por asesinar 9.500 inocentes senón por un lío de faldas cunha cidadá de nacionalidade extranxeira, unha sueca de toma pan e molla, delito polo que se ve moito máis grave), máis ou menos polas mesmas épocas nas que os terroríficos lobos grises entraban a a repousar nas rías galegas, un inventor trabeiro, bisavó do noso colaborador, amigo e mestre de historia Rafael Lema, estivo a piques de contruir o primeiro submarino porteño. A arma secreta que cun par de bombazos podería devolver a mans hispanas o Peñón roubado, a que poido ser a gran esperanza blanca da gloriosa armada española. Nun país co empuxe e movilidade social dos Estados Unidos aparecería un socio capitalista e aportaría sen dilación os cartos que puxeran en movemento a xenial idea, pero como...
Rafael Lema, o gran historiador da Costa da Morte, volve con outra gran historia musical porteña

Historia da Ponte do Porto: A Orquesta Mambo

Infatigable na súa busqueda constante das raíces culturais e históricas do noso concello, Rafael Lema retoma as andaduras musicais porteñas e desta volta indaga o pasado da Orquesta Mambo, seis músicos de acrisolada competencia que animaron as veladas musicais da España dos anos 50 e 60 do século pasado. Unha imaxe de verbenas, sesións vermouths populares en pequenas aldeíñas ou grandes pobos dunha Galicia rural e semiatrasada, de cura, alcalde e Guardia Civil animada dende un rudimentario palco por unha animada orquesta porteña ven aos nosos ollos e fainos rememorar épocas idas para sempre, promotoras do que estaba por vir: trailers espectáculo nos que os máis vangardistas e complexos xogos de luces, sons e danzas en ocasións non permiten ver o bosque. Outro anaco do pasado dun concello e das súas xentes arrastrado ata os nosos días polo gran historiador da Costa da Morte, Rafael Lema. ...