Unha de revivar, por Marisol Soneira

Unha de revivar, por Marisol Soneira

Houbo un tempo en que, chegado o mes de xaneiro, andaban tódolos buriáns inquedos e nerviosos mirando o calendario obsesivamente. A razón era ver en que día caían as grandes mareas do inverno. Como seguramente sabedes sempre hai dúas mareas no ano que acostuman a ser excepcionais: unha no inverno e outra no verán. As de inverno eran especialmente agardadas porque, se cadraba cun tempo de xeadas, deixaba aterecidos entre os bolos que a marea deixaba ao descuberto a milleiros de pequenos peixes, crustáceos e toda sorte de delicias que o mar cría. ...
Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

Érase unha vez en Santa Mariña, por Marisol Soneira

Ao longo de moitos anos foi tradición que as xentes da beiramar percorresen as costas na procura dos obxectos que este arroxaba e que puideran ser de utilidade: madeira, cabos, restos de naufraxios de todo tipo, etc... Isto nada ten que ver coa lenda que algún malnacido ten posto en circulación sobre a triste tradición dos raqueros, persoeiros que provocaban os naufraxios facendo sinais dende a costa e asasinando aos desgraciados navegantes. Na Costa da Morte nunca se teñen producido ese tipo de actividades e son innumerables as testemuñas no sentido contrario: a gratitude dos náufragos polo trato e as atencións que sempre recibiron das poboacións costeiras da nosa comarca. ...

NON TODO É O QUE PARECE...2 por Marisol Soneira

Esta historia non ma contaron, pasoume a mín. Eu, de cativa, tíñalle moita envexa aos nenos dos “pescos” (os rapaces da vila, fillos de mariñeiros) porque cando saían da escola non tiñan mais que facer que adicarse a xogar. Nos, os rapaces de Buría, sempre tiñamos tarefas reservadas: axudar nas faenas do campo, ir por area a Lingunde para poñer nas táboas do sobrado, levar ou traer os animais a pacer, e unha infinita ringleira de traballos que, coa mentalidade de hoxe, acusarían aos nosos pais de explotación infantil. ...

O DRAMA DA EMIGRACIÓN, por Marisol Soneira

A miña avoa Aurora, A Panadeira, era miúda de estatura pero cun carácter e unha determinación dignas dun xigante. Ese carácter e determinación fixo que tomase unha tranca contra a garda civil e o crego da parroquia cando usurparon os seus montes e sometéronos á repoboación forzosa, ala polo apoxeo da ditadura franquista. Ese comportamento valeulle o alcume de “a roxa” e non poucos desgustos nunha época onde discrepar e reivindicar dereitos non eran ben recibidos polo Ditador nin polos aduladores servís que tiña en cada curruncho da vida cotián de cada pobo ou vila. Camariñas non era unha excepción. ...

O Areal, non todo é o que parece por Marisol Soneira

Dentro da nova etapa que Camarinas.eu botaba a andar esta mesma semana, unha das promesas realizadas aos nosos lectores era a das colaboracións fixas que darían maior renome e empaque á web de tódolos camariñáns. Unha vocación de servicio público na que as diferentes opinións, opcións e puntos de vista dos camariñáns deberían estar presentes. Entre elas, e nun acto que non cabe senón calificar como unha deferencia que nos honra e que nos fai sentir especialmente orgullosos, está a colaboración periódica que a partires de hoxe inaugura a Vicepresidenta do Parlamento Autonómico de Galicia: Marisol Soneira, que dentro da súa apretada axenda fará un oco para deleitar cada pouco aos seus veciños cun artigo que indague na historia, na identidade común, nas raíces da súa terra, a Camariñas da súa alma que leva representando tan dignamente durante toda a súa vida. Para escomenzar un artigo adicado a un rincón tan emblemático da Vila das Palilleiras como "O Areal". A nova estapa de Camarinas.eu comenza con forza. ...