Historias do Mar: A nova sección de literatura de camarinas.eu

Tras casi 6 meses de andanza de Camarinas.eu, os usuarios xa coñecen a calidade literaria dos relatos de Juan Camariñán, sen dúbidas unha das persoas que mellor soubo plasmar sobre o papel a fala típica de Camariñas: unha linguaxe brutal, sonora, con consoantes sibilantes e explosivas que castañetean como fogo de ametralladora. Por eso mesmo a esencia temporal, perecedeira do Libro de visitas (palabras fermosas cun destino que é desvaecerse co paso do tempo) facía necesario que quedara constancia destas creacións do talento innato dos camariñáns. Hoxe publicamos o primer relato de Juan Camariñán na sección que leva o seu nome, onde fai unha presentación e expoñe as circunstancias que desencadearon que asumira este reto literario. Señoras e señores, con todos vostedes, Juan Camariñán. ...

Death Coast Cinema Club: Akira Kurosawa

Death Coast Cinema Club nesta segunda edición adicado a Akira Kurosawa Camarinas.eu volve á carga coa segunda edición do Club de Cine da Costa da Morte (Death Coast Cinema Club), a sección comandada pola man experta de Luis Esteiro Ramos, o Redactor de cine de camarinas.eu. Nesta edición o DCCC analiza a obra do xaponés Akira Kurosawa, un director xenial con obras que deron lugar a famosos e lexendarios remakes, ben en Hollywood (Los siete magníficos - John Sturges), ben en Almería (Por un puñado de dólares - Sergio Leone). Invitámosvos, da man de Luis, a darvos un paseo polo noso cine. ...

Outro relato descomunal dun usuario de camarinas.eu

Relato dun home sen nome Imaxe dun terrible temporal na praia Area Longa en Reira co Cabo Vilán inmutable Aínda que esta redacción ten fundadas sospeitas sobre a identidade do autor do relato que na noite do xoves 17 de xaneiro deixou abraiados aos centos de familiares cibernéticos que a esa hora disfrutaban do noso Libro de Visitas (o xa coñecido como "Libro de Familia"), camarinas.eu, sempre estricta cumplidora da legalidade vixente, decide manter o anonimato do autor, para que sexa este mesmo o que se descubra, e regálalle ao mundo un relato dun valor literario excepcional, onde o lector vese traspasado, por obra e gracia do xenial rapsoda, á ponte de mando dun barco que encara a ruta do "Jran Sol", no medio dun dos nosos habituais e terribles temporais. Pulsa na foto para ler o relato. ...

Nova sección de Cine de Camarinas.eu

Camarinas.eu segue a explorar novas vías de colaboracións con toda aquela persoa que teña algo positivo que aportar para o conxunto do Concello e para a comunidade crecente de usuarios de camarinas.eu, e así nesta ocasión acude a un vello amigo desta redacción, Luis Esteiro Ramos, un dos maiores expertos en cine e medios audiovisuais de todo Camariñas, para que como redactor de cine se faga cargo dunha sección da web máis vista da Costa da Morte adicada ao séptimo arte.Desta forma, nunha serie de artigos quincenais pasarase revista a algunha das mellores películas e directores da historia do cine sen olvidar os últimos estrenos. Como primer prato o propio Luis Esteiro Ramos analiza, con motivo dos ben levados 50 anos do film, unha mítica película que todos temos grabada na memoria dende pequenos: a maxistral "Vértigo", do mago do suspense Alfred Hitchcock. ...

Mapa de Camarinas do seculo XVII

Cabo Villano de Burías Imaxe do antigo mapa A nosa fiel usuaria Marisol Soneira fainos chegar un mapa histórico de Camariñas do século dezasete onde, sobre todo, o que máis chama a atención a esta redacción é a importancia que tiña naquela época o actual lugar de Buría, na parroquia de Camariñas, lugar de residencia de Marisol e do que tan orgullosa se sinte: das súas antigas tradicións e costumes, de ser un auténtico universo en sí mesmo cunhas raigames que se perden no tempo. A importancia é tal que o lugar no que a día de hoxe se atopa o noso Faro de Cabo Vilán aparece no mapa co nome de "El Villano de Burías". Para ver a noticia completa e ver o mapa ampliado pulsa na foto. ...