Camariñas Dia das Letras Galegas 2008

Todo aquel que o desexe o 17 de maio poderá lembrar a Man mediante un aforismo Un aforismo para Man Este 17 de maio co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Camariñas pon en marcha unha curiosa e singular iniciativa para lembrar e honrar a base de [[aforismos]] ao artista máis significativo da historia da nosa querida vila de Camelle: Manfred Gnadinger, o alemán de Camelle. Se queres sabes en que consiste esta orixinal iniciativa pulsa na foto principal e le a nota enviada dende a biblioteca do concello....

Death Coast Cinema Club: Charlton Heston

camarinas.eu réndelle tributo a Charlton Heston, un dos mellores actores da historia Adeus a un home de ferro camarinas.eu con motivo da súa morte réndelle homenaxe a un dos actores máis grandes da historia do cine: Charlton Heston. Actor de gran presencia física, home sacrificado, loitador polos seus ideais, non dubidou en manifestarse nos anos 60 polos dereitos civís da poboación negra dos USA ao lado de Martin Luther King. Sen embargo, nos últimos anos da súa vida foi inxusta e fanáticamente lapidado por orondos demagogos sin talento pola súa defensa do dereito plasmado na Constitución norteamericana a portar armas de fogo. Vaia dende aquí esta pequena homenaxe firmada polo noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos. ...
Luis, O Xiba, Ruben e Cristian co popular presentador da serie de cuio nombre non nos acordamos

Rodaxe da serie documental da TVG "Historias de Galicia" con actores de Camariñas

É coñecido o talento dos camariñáns nos máis diversos eidos da arte: escritores, cantantes, músicos, periodistas, pintores, etc.. e si había un oco era o do mundo da interpretación, cuberto agora por estos catro Camariñáns (un deles adoptivo) que dende fai uns días acuden diariamente ao Concello de Cabana para participar na serie documental da TVG "Historias de Galicia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos das rodaxes. ...

Subseccion DCCC: Tipos duros no cine

Alá onde o sistema falla, xa está Charles Bronson para limpiar as calles de xente de malvivir ¡EU SON A XUSTIZA, ME CAGO EN ÑOSSS! Coñecida a predilección de gran parte do público camariñán polas películas de justicieros que limpian as calles de chusma, camarinas.eu, a web máis peliculera da Costa da Morte, non podía deixar de adicarlle unha subsección do Death Coast Cinema Club a aqueles tipos duros que impartiron unha xustiza rápida e expeditiva ao marxe dos tribunais penais. O primeiro elexido: un mito, Charles Bronson. Pulsa na foto para ler un disparatado artículo de Luis Esteiro Ramos que é unha risa de principio a fin. ...
Elenco dos actores da obra obrigados a saudar a un público entregado.

Os Berros do Silencio, reportaxe sobre unha obra de teatro camariñana

Esta última edición da Mostra do Encaixe presentaba como unha das principais novidades e acertos respecto a edicións anteriores as denominadas "veladas culturais", compostas por concertos de música e representacións teatrais. Precisamente vamos a deternos nunha destas últimas, Os Berros do Silencio, obra protagonizada polo grupo teatral Dequenquén, escrita polo gran amigo de camarinas.eu Bernardino Martínez e que tivo un notable éxito de público e crítica cunha Isolina (Alicia Castro Baña) outra vez espectacular. Un público entre o que se atopaban as simpáticas modelos do Mostra Beauty 2008 que non puideron aguantar as bágoas. ...