Death Coast Cinema Club: John Ford

James Stewart, John Ford, John Wayne. Sobran as palabras Cun artigo adicado ao, segundo o noso redactor de cine Luis Esteiro Ramos, máis grande director de tódolos tempos, o Death Coast Cinema Club tómase un máis que merecido respiro abrindo un breve paréntesis nos seus repasos exhaustivos ao mundo do cine. Atrás quedan doce artigos que fixeron historia ao ser a primeira vez que dende este apartado recuncho que é a Costa da Morte un triunvirato de cinéfilos, vellos amigos da infancia, levaron a cabo a tarea de crear uha sección de cine que aunase uns contidos con tal nivel de excelencia en canto a texto, maquetación e presentación do producto. Señores e señoras, foi un pracer. ...
Pablo, triunfa dende o ano 2006 como baixista do grupo Snatch

SNATCH, o grupo de Pablo Laranjo Campaña, outro camariñán que triunfa cun grupo de rock

Seguindo a gloriosa estela musical que un primo seu xa abrira hai máis de 10 anos co que foi ata o de agora o mellor grupo de rock da historia de Camariñas (The Third is the Piggiest, xa recordado cun artigo nestas mesmas páxinas), o camariñán Pablo Laranjo Campaña triunfa enriba dos escenarios como baixista do grupo Snatch, grupo que ven de ser elexido primeiro clasificado dentro do concurso Musicódromo 08, repetindo con elo o éxito acadado o ano pasado ao gañar o Millarock 07 e que este venres 20 de xuño estará actuando en directo no pub Nerio de Cee. Pulsa na foto se queres saber algo máis de Snatch, ver as fotos do grupo en acción e un vídeo. ...

Death Coast Cinema Club: Sam Peckimpah

Sam Peckimpah e William Holden, fixeron historia convertendo a violencia en arte en Grupo Salvaje Si hai unha escena que fixo historia e condicionou todo o cine que se fixo despois é aquela na que unha das maiores estrelas de Hollywood, William Holden, ao ser preguntado nunha das escenas iniciais durante un atraco a un banco qué facer cos reféns si éstes se moven, contesta en tono implacable: "Kill them all" (matalos a todos). A película era Grupo Salvaje e o director o norteamericano de sangue cherokee Sam Peckimpah. Home visceral, aniquilado polo alcohol e as drogas, e que nembargantes deixounos un puñado de obras maestras que pasaron á posteridade. De todo esto e moito máis fálanos neste DCCC Luis Esteiro Ramos, o redactor de cine de Camarinas.eu. ...

Death Coast Cinema Club: Steven Spielberg

O Rei Midas de Hollywood Steven Spielberg, un dos máis intelixentes e imaxinativos directores de Hollywood Con motivo da estrea nos cines de todo o mundo este venres 23 de maio da cuarta parte da saga dun dos héroes da pantalla por excelencia, Indiana Jones, o rincón cinematográfico máis exclusivo da Costa da Morte, o noso DCCC, adícalle un especial ao director norteamericano Steven Spielberg, home dunha intelixencia e imaxinación fóra do común, que o levaron a crear un peculiar mundo propio con persoaxes xa clásicos nas nosas vidas como E.T., Oskar Schindler, o propio Indiana, o sherif Brody en Tiburón, etc... Todo elo da man da pluma estilográfica do noso redactor de cine, Luis Esteiro Ramos. ...

Xeografia.eu: Cementerio Monumental de Piskarevskoe

Piskarévskoe, o silencio da morte Cartel que recorda o Sitio de Leningrado "¡Cidadáns! Durante os ataques de artillería este lado da rúa e moitísimo máis perigoso". Máis de 60 anos despois o cartel segue colgado do mesmo edificio da Perspectiva Nevski. Unhas omnipresentes flores anónimas nunca faltan. O recordo da "Gran Guerra Patriótica" tal e como é coñecida en Rusia a Segunda Guerra Mundial, segue moi presente na memoria dunha cidade que perdeu máis de 1.000.000 dos seus veciños, a meirande parte deles falecidos a causa da fame e do frío, durante o Sitio de Leningrado, 900 días de dor e sufrimento onde as tropas alemanas e finlandesas rodearon a cidade fundada un día polo Zar Pedro o Grande. Os seus corpos reposan no Cementerio Memorial de Piskarévskoe, nos suburbios do norte da cidade, case en pleno bosque ruso nunha paraxe de gran beleza que visitei nunha espléndida tarde de agosto acompañado dunha amiga italiana, Marta Natalini, ca que, cousas da vida, cando queríamos entendernos nos nosos respectivos idiomas irmáns (castelán e italiano) non nos dábamos entendido e tíñamos que recurrir unha e outra vez ao ruso, idioma que en honor á verdade ela falaba moito mellor ca min. Alí, ante...