Las Tristes Memorias del Baron Von Mark. Capitulo I

O Barón Von Mark, o colaborador xermánico expulsado da que foi a primeira web de Camariñas Cuaderno de Bitácora. Día 1 Xa está aquí o regreso máis esperado. Camarinas.eu logrou rescatar para os seus lectores dende as catacumbas olvidadas dalgún castillo enclavado na "Vieja Baviera" os catro artigos escritos no ano 2004 polo Barón Von Mark e que foron publicados na que foi a primeira páxina web de información xeral creada no Concello de Camariñas: a tristemente desaparecida e volatilizada "www.tiodiekt.tk". Corría abril de 2004: eran as épocas de cando o glorioso Celta de Vigo iniciou o seu descenso aos infernos futbolísticos, cando tralos tráxicos e decisivos atentados terroristas do 11-M hubo un cambio na gobernatura da nación, entón prodúxose un lamentable malentendido co noso Barón Von Mark, o cal neste primeiro artigo fai a súa presentación e realiza unha implorante petición ao seu Maestro... ...
Os integrantes do grupo Materia da Ponte pouco antes de desprazarse ata Cee onde actuaban este domingo

Materia, o grupo rock da Ponte do Porto actuará na Xunqueira de Cee 2008

É ben sabido por todos os lectores de camarinas.eu que esta web non ten porque tirar de algúns grandes fotógrafos aparecidos de repente nesta costa e sin que ninguén sepa moi ben de donde veñen. Así e todo fan exposicións apoiadas por algúns con oscuros e extraños lazos que os unen. Lazos que tan pronto se unen como desaparecen sen deixar rastro. Bueno, a nos en camarinas.eu non nos fai falta tirar destas relacións interesadas e comenenciudas porque sólo cos reportaxes que fan os nosos usuarios alá donde se encontran superan en interés a toda esa parafernalia creada sabe dios donde. Desta vez unha querida usuaria de camarinas.eu residente na Ponte do Porto desprazouse este domingo pasado ata Cee donde se celebraba o último día da Festa da Xunqueira para realizar unha reportaxe da actuación do grupo  Porteño "Materia". Pulsa na foto para ver a reportaxe completa con fotos e videos incluidos. ...
Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VI - O Rey Moncho

Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. VI - O Rey Moncho

Cando camarinas.eu por vez primeira nunha web creada nesta Franxa Atlántica decidío abrir unha sección de cultura chamáronnos tolos. "Ninguén vai visitar esa sección, ao pobo de Camariñas non lle interesa o máis mínimo a cultura", decían. Agora, pasado un tempo, cando vemos o número apabullante de entradas de tódalas noticias que integran unha categoría pioneira na Costa da Morte, camarinas.eu esixe responsabilidades aos desaprensivos que non confiaron na intelixencia do noble pobo dunha vila milenaria. Un pilar básico da sección foi dende os seus comenzos Juan Camariñán, a maior sensación da prosa dialectal en galego, o cal como decíamos volvía e volvía para quedarse. ...

Juan Camariñan: Payback, O Retorno

Un bravo e experimentado patrón camariñán está a levar a cabo o seu traballo e vese atacado por unha terrible bestia marina. Recordando a escena de "20.000 leguas de viaxe submarino" de Julio Verne, onde un pulpo xigante estivo a piques de devorar viva á tripulación enteira do Nautilus, o noso querido lobo de mar O Xiba entablou un combate mortal cun escorpión de mar de mirada letal e picadura asesina que a piques estivo de provocar unha traxedia náutico-pesquera na Vila dos Encaixes. Todo elo narrado pola pluma do escritor máis esperado: Juan Camariñán, o cal volve e volve para quedarse. Juan Camariñán: Payback, o retorno. ...

Xeografia.eu: Viaxe a Novgorod

Viaxe á cidade milenaria de Nóvgorod Vista do milenario Kremlin de Nóvgorod dende unha ponte sobre o Río Vóljov Viaxar polo interior dun país extranxeiro en principio non plantea maiores problemas. Pero se ese país é Rusia, a experiencia pode chegar a convertirse nunha experiencia kafkiana. Así, na mañán dun soleado domingo de agosto de 2006 emprendín en solitario a aventura de viaxar nun tour organizado ata a milenaria cidade de Nóvgorod, a 200 kilómetros de San Petersburgo, para coñecer de preto a realidade da vida rusa de provincias. Volve a sección de camarinas.eu adicada aos viaxes dos camariñáns polo mundo con máis forza que nunca. Camarinas.eu procede a publicar unha reportaxe completa e unha galería fotográfica do noso usuario Zhúkov por aquelas terras eslavas. ...