- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 09 Xaneiro 2009 09 Xaneiro 2009
Catro novas poesías do noso usuario Beldoña

Na Segunda edición da súa Antoloxía Poética, Beldoña recorda a súa casa de Camariñas
No mesmo día no que esta redacción tiña coñecemento de que unha das poesías de Antonio Puertas recollidas na Primeira Antoloxía Poética deste talentoso usuario de camarinas.eu ("Las Mujeres de mi pueblo") e publicada o 19 de novembro de 2008 na nosa sección de Cultura, foi elexida para participar na semifinal do certame para poesías de fala hispana a nivel mundial convocado polo Centro de Estudios Poéticos de Madrid, procedemos a editar o Segundo Volumen da colección de poemas do noso usuario Beldoña, tal e como é coñecido na web ca sección cultural máis amplia e completa da Costa da Morte. Por outra parte, teremos que esperar a febreiro para saber si o poema adicado ás fermosas e intelixentes mulleres da Vila dos Encaixes chega á final do referido certame literario. ¡¡Suerte, Antonio!!
Segunda Antoloxía Poética de Antonio Puertas

O balcón da miña casiña: Barca, Aquilina, a miña nai, Victoria, e detrás Isolina na ventana
No mesmo día no que esta redacción tiña coñecemento
de que unha das poesías de Antonio Puertas recollidas na Primeira
Antoloxía Poética deste talentoso usuario de camarinas.eu ("Las Mujeres
de mi pueblo") e publicada o 19 de novembro de 2008 na nosa sección de
Cultura, foi elexida para participar na semifinal do certame para
poesías de fala hispana a nivel mundial convocado polo Centro de
Estudios Poéticos de Madrid, procedemos a editar o Segundo Volumen da
colección de poemas do noso usuario Beldoña, tal e como é coñecido na
web ca sección cultural máis amplia e completa da Costa da Morte. Por
outra parte, teremos que esperar a febreiro para saber si o poema
adicado ás fermosas e intelixentes mulleres da Vila dos Encaixes chega
á final do referido certame literario. ¡¡Suerte, Antonio!!
A miña casiña
A MIÑA CASIÑA
Subindo pola do Medio,
ó pasar a de Corral,
alí está a rúa Pizarro,
alí comezou meu cantar.
Alí as miñas lembranzas
vividas desde rapáz,
soñando sempre desperto,
soñando con retornar..
A brancura dá casiña,
e o agarimo dós irmáns,
fánme chorar cando penso
no meu rueiro,no meu lugar.
Chorando fun pola vida,
cantando fun polo mar,
ás areíñas marcaron
ós meus pasos ó pasar.
Canto máis lonxe pisaba,
máis me poñía a chorar,
e, o entrar polas Carballas,
renacia o meu cantar.
Cantaban conmigo ás fontes
e ás neniñas ó falar,
cantaban os paxariños,
e,bruando,cantaba o mar.
O balcón da miña casa,
E os geráneos da miña nai,
Cantaban seus cores ná rúa
Ó camiñar o meu pai.
Todos aportaban algo,
Todos querian cantar,
un torbellino envolvente
envolvia o meu fogar.
Antonio Puertas
Subindo pola do Medio,
ó pasar a de Corral,
alí está a rúa Pizarro,
alí comezou meu cantar.
Alí as miñas lembranzas
vividas desde rapáz,
soñando sempre desperto,
soñando con retornar..
A brancura dá casiña,
e o agarimo dós irmáns,
fánme chorar cando penso
no meu rueiro,no meu lugar.
Chorando fun pola vida,
cantando fun polo mar,
ás areíñas marcaron
ós meus pasos ó pasar.
Canto máis lonxe pisaba,
máis me poñía a chorar,
e, o entrar polas Carballas,
renacia o meu cantar.
Cantaban conmigo ás fontes
e ás neniñas ó falar,
cantaban os paxariños,
e,bruando,cantaba o mar.
O balcón da miña casa,
E os geráneos da miña nai,
Cantaban seus cores ná rúa
Ó camiñar o meu pai.
Todos aportaban algo,
Todos querian cantar,
un torbellino envolvente
envolvia o meu fogar.
Antonio Puertas


Comentarios
MOI BONITAS AS SÚAS ÚLTIMAS POESÍAS,O QUE MÁIS ME GUSTA E O SENTIMENTO CO QUE AS ESCRIBE.
MOITA SORTE.
UN SAÚDO.
SALUDOS
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.