4.7105263157895 1 1 1 1 1 Rating 4.71 (38 Votes)
The Simpsons e Futurama, as dúas grandes series ideadas por Matt Groening que fixeron historia
The Simpsons e Futurama, as dús grandes series ideadas por Matt Groening e que fixeron historia

Dende Springfield con humor

O DCCC, a sección de camarinas.eu adicada ao mundo do cine fai unha excepción para adentrarse no universo televisivo, adicando un dos seus artigos ao artista que máis profundamente cambiou a forma de entender o humor  nestes últimos 25 anos: Matt Groening, creador das series animadas "The Simpsons" e "Futurama". As dúas series que posiblemente máis influiron na forma de entender a risa no seno da redacción de camarinas.eu. Pulsa na imaxe para ler o novo artigo da sección de cine líder da Costa da Morte redactado por Luis Esteiro Ramos.

Saídos do maxín de Matt Groening, Homer e Bender representan como nadie a cultura americana
Saídos do maxín de Matt Groening, Homer e Bender representan como nadie a cultura americana
Cando eu era pequeno lémbrome que os debuxos animados, chegado o Nadal, despregaban unha maxia especial, superior a doutras datas, supoño tamén que a moitos/as lles ocorrería esa mesma sensación, aínda que non o admitan, sobre todo nós os rapaces… ¿Quen non recorda os filmes de animación de Asterix e Obelix?, ¿ou debuxos animados emitidos a todas horas: Tom e Jerry, Mickey Mouse, o pato Donald, Autos Locos, El Lagarto Juancho, Maguila el Gorila, Don Gato, o oso Yogui, Abott e Costello, etc…). Pois con motivo destas entrañables datas navideñas, queremos adicar un artigo especial ó que na nosa opinión nos parece o xenio contemporáneo máis influinte no noso sentido do humor (se é que o temos…), ese non é outro que o novo “Hannah – Barbera” do mundo da animación, Matt Groening (Portland, Oregón, EEUU, 1954).
Ó mellor pode haber alguén a que non lle sone o seu nome pero en canto mencione as 2 series de animación que leva realizadas seguro que nin o máis intelectual podería afirmar descoñecemento sobre quen son Los Simpson, sen dúbida a serie de animación máis divertida de todos os tempos, polo menos para Diego, Marcos e tamén para min. A outra gran serie é Futurama. Por ese motivo xa nos tardaba en renderlle merecida homenaxe a disparatada serie que hoxe en día xa conta con mais de 500 capítulos as súas costas e que a pesar de que estos van perdendo orixinalidade, cousa lóxica por outro lado, en todo tipo de guións, xa sexan televisivos ou de animación porque chegado un punto as ideas comezan a desvaecerse e a ilusión permanece en forma de hipnotizantes dólares máis que outra cousa. Pero a ese tema non vamos, e o que queremos é xuntar a nenos e maiores da man e seguir ríndonos coas disparatadas aventuras da familia máis rachada da historia da humanidade.
Homer Simpson, a clave da serie
Homer Simpson, a clave da serie
A vida de Matt Groening non ía precisamente vento en popa cando decidío probar sorte en 1977 nesa mina de ouro chamada Los Ángeles. A súa ilusión era converterse en escritor profesional. Debido a súa destreza como caricaturista, herdada do seu pai, comezou traballando como coordinador dunha tira comíca titulada “Life In Hell”, para un periódico local. Co paso dos anos esta tira cómica comezou a converterse nun emerxente éxito, pasando a engrosar as páxinas de ata 200 periódicos de todo o mundo. Foi en 1985 cando Matt Groening recibío a chamada máis importante da súa vida, a voz o outro lado do teléfono non era outra que a do famoso productor oscarizado James L. Brooks. Este pretendía que Groening crease unhas curtametraxes de animación para encher parte do seu programa “The Tracey Ullman Show”. Groening apresurouse a caricaturizar rápidamente os personaxes centrais desa curtametraxe, din que en 15 minutos xa tiña a todos dibuxados. Do seu infinito inxenio saíu a hoxe famosa familia Simpson, basados na súa propia familia pois Homer era o nome de seu pai, Marge o alcume cariñoso da súa nai, Lisa e Maggie o nome das súas 2 irmás pequenas e por último Bart, o parecer un anagrama de “Brat”, traducido o castelán “mocoso”. En total crearon 48 episodios que ante o éxito que espertaron no público infantil, os executivos da Fox non tardaron en ofrecerlle a Groening e a Brooks levar a serie a TV. A partir de 1989 comezaron a emitirse as disparatadas aventuras desta familia residente en “Springfield”, pequena cidade norteamericana ubicada nun lugar “X” do país, especializada na transformación de enerxía nucelar (perdón nuclear). Xa dende un primeiro momentopensouse en crear a serie tentando atraer tamén a un público máis adulto, non tardaron moito e atrapar a un público de todas as idades…
Falando un pouco do contido dos seus temas dicir que estos son unha continua parodia dos defectos dos seres humanos, ninguén está a salvo do sarcástico lápiz de Groening, non quedando títere con cabeza. O estilo de vida norteamericano queda sempre en entredito nun alarde de autoparodia, quedando sobre todo reflexado no carácter de Homer, o auténtico infrahéroe da serie.
The Simpson, a serie creada no ano 1989 e que cambiou para sempre o concepto de humor na tv
The Simpson, a serie creada no ano 1989 e que cambiou para sempre o concepto de humor na tv
Se os personaxes centrais están incriblemente definidos, os secundarios tampouco se quedan atrás: Krusty, un malhumorado paiaso, bebedor e fumador empedernido; Skinner, o atormentado veterano do Vietnam reconvertido a director do colexio e dominado emocionalmente pola súa nai; Wiggum, o obeso e disparatado xefe de policía máis preocupado de comer rosquillas que de poñer orde na cidade; Moe, o cutre e malhumorado taberneiro que nunca lles invita a unha ronda ós seus clientes de toda a vida; Lenny, un dos clientes habituais do Bar de Moe, o igual que Barney, o borracho de Springfield; Ned Flanders, fanático religioso cristiano, a voz da conciencia dentro da serie xunto con Lisa ou Lionel Hutch, un abogado corrupto e charlatán que non da gañado nunca un pleito, etc… O antagonista da serie é o malvado Sr. Burns, un despiadado multimillonario que tan só anhela facer o mal e enriquecerse a costa do sacrificio dos demáis.
Hai que recoñecer tamén o mérito dos dobladores da serie o castelán, magníficos todos, poñendo voces de parvos a cada cal peor, caso de Wiggum, Lenny ou Barney, e tamén a labor dos guionistas españoles destinados a contextualizarnos o humor norteamericano.
En canto a episodios emblemáticos imitados día e noite en calquer momento e lugar por nolos 3 (normalmente cunhas copiñas sóen sair máis a flote), recordar o do “Tomacco”, “Monorraíl”, “Homer, inspector de sanidade”, a parodia de “Thelma & Louisse”,  ou os viaxes da familia a países coma Xapón, Australia ou Brasil ou tamén un dos máis disparatados, aquel no que Homer inserta un implante de pelo do delincuente de Springfield, Snake, e se transforma de noite en asasino, esto si que son disparates totales…o mundo totalmente o revés….
Bender, a unidade metalica de Futurama
Bender, a unidade metalica de Futurama
Entón en 1999, 10 anos despois do estreo da serie, Matt Groening reinvéntase a si mesmo e crea Futurama, serie aínda máis disparatada se cabe que Los Simpson e por suposto moitísimo mais friki, con ambientación futurista, ano 3000. A serie narra a historia de Fry, un xoven repartidor de pizzas, sen moito futuro por diante pero que curiosamente é trasladado a este cando durante un habitual reparto de pizzas chega ata un laboratorio xenético e por accidente é conxelado sendo revivido no ano 3000. Fry encontrará traballo nunha empresa de reparto espacial, “Planet Express”, dirixida polo excéntrico científico Profesor Fansworth, curiosamente descendente da familia de Fry…Será no traballo onde coñeza o resto de personaxes principais do filme: Bender, un robot que ten que beber alcohol para funcionar operativamente, adicto os puros e os cartos, cleptómano, xogador e saído robopilingui. Groening dota o personaxe de Bender de todos os defectos dos seres humanos, sendo na nosa opinión o núcleo central da serie, o “Alter Ego” de Homer no futuro pero aínda mais deshumanizado. Cunha doblaxe o castelán espectacular “solo con abrir a boca xa é unha risa” proclamaba hai anos nunha das nosas reunións nocturnas o famoso e disparatado “Barón Von Mark”; Lyla, unha cíclope que será o amor non confeso de Fry; o Dr. Zoidberg, o meu favorito xunto a Bender, outro que con só abrir a boca xa é unha risa como di o Barón. Trátase dun crustáceo amorfo, non está moi definida a súa natureza, unha mestura entre langosta e calamar…(como diría a miña querida avoa, ¡o que fan polos cartos!), a súa profesión é a de médico, anque anda sempre sen patacón no peto e sempre é protagonista de contínuas burlas por parte dos seus compañeiros; Hermes, o xamaicano burócrata da empresa ou Amy, unha rapaza china millonaria e presumida que traballa na empresa paseando e mirándose no espello noite e día, son outros dos protagonistas da serie. Cabe facer tamén mención especial o antagonista da serie, o prepotente, arrogante e narcisista autoenganado, Zapp Brannighan, o presumido comandante dunhas fictícias forzas do orden espacial, unha risa de personaxe que sempre competirá con Fry polos favores afectivos de Lyla. Ou o sufrido súbdito de Brannighan Kief Crocker, un sensible e introvertido marcián que irá collendo maior protagonismo co avance da serie, este personaxe é o auténtico contrapunto o personaxe de Zapp Brannighan.
Quizáis a serie esté un peldaño por debaixo de Los Simpson pero algún dos seus episodios son, sinxelamente, desternillantes... O da visita ó planeta de Zoidberg, a parodia de Titanic, o das amazonas, o da Robomafia, o da Atlántida, Bender “The Offender”, o dos popplers, o da visita a fábrica de Slurm ou, do coche lobo ou aquel no que Richard Nixon acada a Presidencia da Terra, entre outros, son proba evidente do disparatado dos argumentos que ofrece esta entretidísima serie de animación.
Pois nada máis, cando están apunto de cumprirse os aniversarios da emisión das 2 series, 20 anos no caso de Los Simpson e 10 no de Futurama anotamos outro homenaxe, neste caso a 2 series de animación que perdurarán na parrilla televisiva sen rivalidade durante moitos anos. Felices festas e próspero ano novo a tod@s (a ver si é verdade...).

 

Comentarios   

zhúkov
0 # zhúkov 05/01/2009 18:32
Bueno, efectivamente, os Simpson e Futurama: partes clave da miña vida. Pero o que siempre me chamou a atención é que se trata de series que parecen ir por diante da súa época, ¿recordades a 1ª vez que puxeron Os Simpson en TVE2 que pasou sin pena nin gloria?¿Ou a 2ª temporada dos Simpson que nun principio muitos dixemos que non valía nada?¿E que despois así fui sucesivamente con cada novo ano? E agora algo parecido pásame con Padre de Familia, ao principio ata me irritaba, e sen embargo agora atopo momentos certamente maxistrais, sobre todo agora que finalmente sí parece que os Simpson están acabados...
Denunciar ante o administrador
Duane Duke
0 # Duane Duke 05/01/2009 18:37
DIEGO accedí a ser tu redactor pero nunca accedí a ser tu AMMMIGGOO!!!... JAJAJJAJAJ
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 05/01/2009 22:10
Efectivamente,é unha serie que cautiva a vellos e a novos,por súa orixinalidade e inxenio,coma a maestría desenvolta en ista redasión.
Noraboa
Denunciar ante o administrador
uXi
0 # uXi 06/01/2009 11:11
Simplemente, genial.
Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 07/01/2009 22:45
Os Simpsoms...form an parte da miña idiosincrasia sin ningún lugar a dúbidas...e pásame coma a Zhúkov, son admirador profundo de Padre de Familia...que ten momentos de escache total!
Denunciar ante o administrador
ximena
0 # bender... presidente!!!ximena 10/01/2009 22:55
e o personaxe mais divertido que vin na miña vida!! simplemente xenial
penso que tamen hai que facer unha mencion especial a dous personaxes secundarios, como Flexo, Calculon e Mordisquitos....
como diria Bender Bending Rodriguez: Besad mi brillante culo metálico!!!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.