Unha vez publicada a súa Antoloxía Poética, camarinas.eu procede a editar a colección dos cinco mellores relatos breves publicados polo noso usuario Antonio Puertas (Beldoña) no Libro de Visitas da web máis vista con diferencia da Costa da Morte. Si os contos de Juan Camariñán, ca súa mezcla de humor amargo, pesimismo e brutalidade recordan a Antón Chéjov, os de Antonio pola súa rememoranza dos tempos idos, das vellas costumes e tradicións, parecen acercarse máis a Iván Bunin, o primer Premio Nobel da Literatura rusa, que dende o seu exilio francés escribía sobre os vellos tempos da Rusia dos terratenientes vidos a menos, da nobleza rural que se extinguía, unhas épocas sepultadas pola historia, unhas épocas que non volverían. Xusto como as dos relatos de Antonio Beldoña.
Introducción
Cando aljén che daba muito a lata e hinchábanche muito ós fusiños, despáchabalo con vento fresco soltándolle unha morea de "insultos", como,por exemplo: Vaite de aquí cajón, que eres un prijeseiro e un afamado, mala sentella che parta, ...vaite, que si non, vouche a dar un sapataso.." E, alá se iba ese “afamado”, remoendo palabras sin sentido e fumeando a súa testa, como un barco de jas.
Na linjua de Cervantes "afamado", tén un significado totalmente distinto o que se lle otorja en Camariñas. Como, na miña infansia na escola, sólo che ensinaban ó castelán, en contradisión ca maioria da xente que se expresaba en jallejo, daquél “totum revolutum” surxío unha lenjuaje especial típica e melodiosa, que sona ós oídos “quasi tuba”. Presisamente nela quero expresarme. Unha mescolansa de fariña branca da Castilla con millo da Ajra de Orellas, enjordada ca miña particular lebadura, que o final, todos comen e lles justa. Espero.
Xaviña
Xaviña
Antonio

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.