- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 21 Agosto 2008 21 Agosto 2008
É ben sabido por todos os lectores de camarinas.eu que esta web non ten porque tirar de algúns grandes fotógrafos aparecidos de repente nesta costa e sin que ninguén sepa moi ben de donde veñen. Así e todo fan exposicións apoiadas por algúns con oscuros e extraños lazos que os unen. Lazos que tan pronto se unen como desaparecen sen deixar rastro. Bueno, a nos en camarinas.eu non nos fai falta tirar destas relacións interesadas e comenenciudas porque sólo cos reportaxes que fan os nosos usuarios alá donde se encontran superan en interés a toda esa parafernalia creada sabe dios donde. Desta vez unha querida usuaria de camarinas.eu residente na Ponte do Porto desprazouse este domingo pasado ata Cee donde se celebraba o último día da Festa da Xunqueira para realizar unha reportaxe da actuación do grupo Porteño "Materia". Pulsa na foto para ver a reportaxe completa con fotos e videos incluidos.
Concerto do Grupo de rock "Materia" na Xunqueira de Cee
O domingo 17 de agosto celebrábase en Cee o último día das súas festas patronais da Xunqueira e cerraban estas cuns concertos de grupos da zona, algúns non moi coñecidos e outros xa cunha dilatada historia dentro do panorama musical da Costa da Morte. Este era o caso do Grupo de rock da Ponte do Porto "Materia" no cal está ao frente o amigo desta web José María e que xa levan tantas actuacións ás súas espaldas coma o máis veterano grupo. O concerto estivo bastante deslucido debido á tromba de auga que caeu durante toda a noite, pero esto non foi impedimento para que un bo grupo de amigos e seguidores de Materia se acercaran a Cee e desfrutaran ca súa banda favorita. En fin, dar a noraboa a Materia por seguir intentando saír adiante neste mundo tan difícil como a música e do que algúns xa nos retiramos fai tempo e xa nin nos acordamos cantas cordas ten unha guitarra. O dito ¡noraboa e a tirar pa diante!



































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.