4.7671232876712 1 1 1 1 1 Rating 4.77 (73 Votes)
Cando camarinas.eu por vez primeira nunha web creada nesta Franxa Atlántica decidío abrir unha sección de cultura chamáronnos tolos. "Ninguén vai visitar esa sección, ao pobo de Camariñas non lle interesa o máis mínimo a cultura", decían. Agora, pasado un tempo, cando vemos o número apabullante de entradas de tódalas noticias que integran unha categoría pioneira na Costa da Morte, camarinas.eu esixe responsabilidades aos desaprensivos que non confiaron na intelixencia do noble pobo dunha vila milenaria. Un pilar básico da sección foi dende os seus comenzos Juan Camariñán, a maior sensación da prosa dialectal en galego, o cal como decíamos volvía e volvía para quedarse.

Que Camariñas é rico en personajes xa é ben sabido, haios de todas clases e etnias. clásicos, famosillos, fabulosos, xenios e figuras, deportistas, políticos, más políticos, grandes tenores, presidentes, más presidentes, bos pescadores, mellores mariscadores, grandes mulleres, pequenos homes, gigantes, camariñáns  do ano, foráneos adoptivos, gerentes, más gerentes, secretarios, más secretarios,  en fin un gran abanico de clases hetereoxéneas.  

Todos darían pa facer unha boa tirada dunha revista de corazón, tipo hola, ou mellor ainda tipo interviú, teríamos unhas portadas de élite cas nosas beautis,  teríamos un apartado da aristocracia no cal nos basaríamos no noso  club náutico,  teríamos unha páxina de sucesos quitados das andancias e falares do malecón,  un apartado de presidentes e secretarios o cal sería interminable, teríamos as exclusibas do corazón cas vodas, bautizos e separacións e como non reconciliacións, que habelas hainas, tamén teríamos o apartado de noticias que non interesan a nadie nin o mas mínimo posible (estas serían fácil de conseguir), e como colofón teríamos as noticias do Rey, pero non de ese rei que pensades todos… ese non, porque nos tamén temos un señor Rey, un rey de pueblo, un rey simpático, un fóra de serie, o noso rey non pasea pola ría nun megayate regalado e lucindo as letras de Bribón, o noso rey pasea no seu bote de tres metros con un Yamaha de 15 cabalos de sejunda man; o noso rey non pasea con un mercedes último modelo costeado cos impuestos dos españoles, o noso pasea nun susuki sin carnet e alerón trasero rompendo a pana ca música de Los Chichos en alta la plana;  o noso rey non fixo os días de mar no Sebastián Elcano, sinón que os fixo nun jransolero, nun naseiro e nun redeiro; o noso Rey non bebe Don Periñón, bebe Jb con cocacola; o noso non manda calar, si non que é el o único que fala; non é rico pero e máis cachondo, máis cojonudo, máis genuino, un fóra de serie, un krac, a noso rey non lle chaman de Don, tan solo se lle chama  Rey  pa os de fóra, e  Moncho pa os veciños, e o rey de Camariñas, o REY MONCHO.

Aventuras e desventuras do REY MONCHO
Primera parte:

Aquel día corría o sur de carallo, pero as nasas estaban pola costa, daba mar picado e a pelotas había que ir levantalas pa traelas pa más fondo, así o recomendou Pemán no parte das uito, o sejundo Villano ensendío o seu ayon de 36 pa dirixirse a trescuartos de máquina cara punta da buitra (mira que e un monte feo con mal tempo). Ao salir pola boca da ría empesaron xa os salseiros que che pejan na cara sejido e nin tan siquera che deixan ensender o Bic recargable pa prender o celtas sin boquilla que compraba na taberna de Braulio, nada más chejar a boia empesamos a levantar o roseiro de nasas a toda mecha, cando primeiro acabamos, primeiro marchamos (lei do armador). Eu diante do puente no halador subindo as nasas, o patrón na porta do puente gobernando e pasándoas pa tras, detrás Rey Moncho abrindo a xireta e sacando de dentro os pulpos, cornos e estrellas, despós pasa a nasa pa popa e alí Lolo estíbaas, a rutina diaria de calquer Naseiro. Desta nunha nasa inexplicablemente ven un sentolo de dous kilos e douscentos cincuenta jramos a buen ojo de cubero sejún o noso rey que cando abrío a xireta e encontrou aquel crustáceo tan grande empesou a jritar como un tolo:

Rey - ¡Patrón, patrón! Mira que perro sentolo, ¡non cabe no cacho!
Patrón - Vale oh vale, veña deixao ahí e sije halando as nasas.
Rey - Non oh, como bon deixalo aquí que pode marchar, póñeo dentro do puente.
Patrón - Disque marchar, como vai marchar ¿a donde vai ir? ¿ao Snack, desjrasiado?
Rey -  Faime caso, póñeo ahí contijo no puente oh.
Patrón - Me cajo no sentolo da virxen, tiras polas nasas fillo de p….
Rey -  Pero faime caso, járdao hai contijo no puente, oh.

O patrón xa cansado de oílo, e que non lle fixera caso, e por non ajuantalo mas collíolle o sentolo e fixo que o levaba pa dentro do puente, pero ca rabia de sentirse vencido por un mariñeiro, pejoulle un zapatazo contra a cubierta ao sentolo ca coincidencia de que fui a parar a dentro de unha nasa que pasaba cara Rey. Cando a nasa chejou a noso amijo:

Rey - ¡Patrón … Patrón … outro sentolo más ijualiño que o outro! Me cajo na tos, vaia día ... toma járdao  co outro dentro.

O patrón ao principio quixo chamarlle parvo, e desirlle que era o mismo de antes, pero despós pensouno, sonreío e decidío sijirlle a bola por pesado.

Patrón - Trae o trae, veña sije halando (e ca misma fixo a misma maniobra: volvío a poñelo dentro de outra nasa que pasaba por alí cara popa. Outra nasa, mismo sentolo).
Rey - Me cajo nas sapatillas…¡Patrón...Patrón… outro más, nin que foran irmáns! Toma póñeo co outro no puente.
Outra nasa, mismo sentolo, misma maniobra.
Rey - Patrón outro, la virjen caemos nonha boa, toma oh járdao.
Outra nasa, mismo sentolo, misma maniobra.
Rey - ¡Outro, outro! Despós din que non hai dios, toma oh járdao.
Outra nasa, mismo sentolo, misma maniobra.
Rey - Mimadriña, outro, en cada nasa un, ¡vanche comer no puente...jajajajaja!
Outra nasa, mismo sentolo, misma maniobra.
Rey - Outro…outro... este xa ben medio molido, devía de estar devaixo dos outros…
Outra nasa, mismo sentolo, misma maniobra.
Rey - La virjen, outro, na vida vin tal cousa, vaia día de quiñón...

E así sucesivamente hasta a cifra de 24 sentolos, ao pobre bicho de tanto trafejo de salir e entrar nas nasas xa lle caían as patas, e ao patrón xa non lle quedaban forsas de tanto reírse. Cando chejou a terra Rey contou por todo malecón que colleran 25 sentolos, o patrón e os mariñeiros non o desmentiron, eles quedaron como bos pescadores e el como o que e, un Rey, o Rey Moncho Camariñán.
Non pasou no mediterráneo, nin no gran yate Bribón, non pasou de vacacións no náutico de Mallorca: pasou no Atlántico na Costa da Morte e no medio de jolpes de mar, non lle pasou a un Rei con caché, pasoulle a un rei Camariñán, o único rei, ao REY MONCHO.

No próximo capitulo  de cómo se liga por correspondencia, e ca filla de un rico, ¡non con calquera eh!

Comentarios   

mantida
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VImantida 19/08/2008 21:52
¡carallo pas vacasións que collestes!
Eu prefiero o rey Moncho e non o rey Juan Carlos,non e por nada pero Moncho vive do seu traballo non como outros que lle rejalan todo e viven a cuerpo de rey,valja a redundansia, además coller 25 sentolos hay que ter boa imaginasión coma Moncho.¡viva el Rey Moncho!
Denunciar ante o administrador
estudiante
+2 # NON SEI COMO OS SACHASestudiante 19/08/2008 21:54
Erés un fenómeno, eu non si como os sachas, pero da justo leelos. Una aperta.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIrubiasexy 19/08/2008 21:57
mui bonito pero tuben que limpiar ben as jafas e quen medera os sentolos fas majas o sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador
juanillo
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIjuanillo 19/08/2008 23:03
me cajo natos!!!,dóeme o peito e a mandíbula de tanto reirme,ajjajaja ja,si señor,eres un artiste eo carallo........ .........
Denunciar ante o administrador
zhúkov
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIzhúkov 19/08/2008 23:08
¡Pois aquí está! ¡A miña sección preferida! Os que me coñecen ben saben que sempre fun un fanático da literatura, da boa literatura (non dos best-sellers), pois sendo así ¡como non iba eu a tolear por Juan Camariñán! ¡E sendo meu amigo aínda por riba, jajajj!
Denunciar ante o administrador
lusina
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIlusina 19/08/2008 23:52
Realmente poñía eu de menos estos relatos,Juan tes unha admiradora que son eu,gracias.E si non cerra a páxina,espero que sigas escrivendo.Nora boa
Denunciar ante o administrador
fabio
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIfabio 20/08/2008 10:03
MIRA QE TIÑAS EU JANAS DE BOLVER A LER O MEU ESCRITOR PREFERIDO.SI SEÑOR JUAN FAS MAGAS BOLBESTES CON FORSA OOOO! AORA ABER SI PODE SER UN CONTIÑO DOS TEUS CADA SEMANIÑA E SA ESTABVA TODO CRIMINAL
Denunciar ante o administrador
Salaño
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VISalaño 21/08/2008 13:32
En efecto, un artista do conto en galego. Moi boa Juan Camariñán!!como se di...ah!! Facedes majas!! (xa von collendo os falares camariñáns);-)
Denunciar ante o administrador
pepewells
+2 # RE: Juan Camarinan: Historias do Mar Vol. VIpepewells 21/08/2008 19:51
Ha vuelto el más grande.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.