- Escrito por Juan Camariñan Juan Camariñan
- Categoría: Cultura Cultura
- Created: 08 Xullo 2008 08 Xullo 2008
Un bravo e experimentado patrón camariñán está a levar a cabo o seu traballo e vese atacado por unha terrible bestia marina. Recordando a escena de "20.000 leguas de viaxe submarino" de Julio Verne, onde un pulpo xigante estivo a piques de devorar viva á tripulación enteira do Nautilus, o noso querido lobo de mar O Xiba entablou un combate mortal cun escorpión de mar de mirada letal e picadura asesina que a piques estivo de provocar unha traxedia náutico-pesquera na Vila dos Encaixes. Todo elo narrado pola pluma do escritor máis esperado: Juan Camariñán, o cal volve e volve para quedarse. Juan Camariñán: Payback, o retorno.
Un novo relato de Juan Camariñán
O noso querido amigo e o máis internacional camariñán conocido: O Xiba, despós de Totis claro, recollío hoxe alá polas aguas da nosa fermosa ría un peixe chamado de mal nome o ESCORPIÓN DE MAR. Contan del que deambula polos fondos areais e que os bañistas cando se atopan con el sufren semejante picadura que lles deixa a perna completamente paralizada polo menos dous días, con tan fuertes dolores que che fan chorar como un neno.
Nunha ocasión ao Xiba venlle mallado un destes escorpións no medio dos aparellos e o noso valiente patrón collíoo pola espalda que é onde este maléfico peixe tan as súas púas envenenadas cun paralizante veneno, e ao momento sentío un fuerte picor que lle deixou o brazo en "estambai". Ante semejante estropicio tuvo que deixar as betas no mar e, como pudo, poñer avante a tope o seu 45 evinrude diesel, que colja da popa da súa jamela feita no freixo e a que lle fai chamar como paradoja da vida A VIRXEN DA BARCA (como si aquí en Camariñas non tuvéramos virxens dabondo...), e decíamos como pudo o home e no medio de gritos de dolor e xuramentos varios e variopintos co seu particular falar con pausas e repeticións palabriles, chejou a terra, acercouse polo noso PAC de urgencias sito na rúa da Melancolía e alí o médico especialista en toda clase de enfermedades díxolle que non podía faser nada por el...ao decirlle semejante cousa ao noso bravo patrón doulle un pequeno desmaio, e chorando gritaba no me dija eso doctor que inda son novo pa morrer, quero sejir vivo, inda teño que volver a Cuba...cúreme doctor...sálveme...O médico de juardia empezouse a reír a carcajadas e como pudo e entre lájrimas conseguío decirlle que ese día non era o día da súa morte, tan solo que non podía faser nada por el, porque non tiña ninjunha clase de antibiótico pa esas picaduras, tan solo tiña que ir pa casa e alí ajuantar o dolor durante un par de días hasta que o veneno se desvanecera. Como anécdota curiosa, e fuentes expertas así o confirman, din que o intenso dolor que este bicho produce desvanécese de marea baixa e recrudécese de marea alta.
Pois ahí están as fotos do noso amijo o Escorpión, e do noso veciño O Xiba, armador de toda a vida, xunto con Juan José e Domingos os últimos mariñeiros dedicados a esta clase de pesca con jamela ou lancha, e o cal xura que nunca nos cuarenta anos que leva tiñendo os fondos marinos de verdes reiras, azules miños e verdosas betas encontrou un escorpión de semejante tamaño. Da a vida que a súa agudeza visual e experiencia profesional unido ao seu talento e maña, fixo que non confundira a este peixe cunha sarreta e sufrira súa picadura de forma sanguinaria. Como di el: -"dime ti si en ves de picarme na man, me pica no cortapelo...adiós..."-.
Tamén quer aproveitar esta oportunidad que se lle brinda O Xiba de salir na páxina máis vista da Costa da Morte, pa pedir a quen teña potestá, que se lle agilican os trámites do pérmex, que xa leva 25 anos e 3 días esperando.
Comentarios
Aproveito para saludar o meu gran amijo o xiba, persoa de bo corazon donde os haxa. Os meus 40 anos e ainda me chama Luisiño...jajaj aja XIBOTAAAA!! eres o maximo.
SAUDOS.
pois ahora eu digoche,que eres como un vendabal,que chegas e vas como si foras un tombo,vesiño como ti dis "pa min teño abondo",,pois ojalá nunca che falte eso que pides,,
un saudo XIBOTA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.